Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 06 de xullo de 1995 Páx. 5.386

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 13 de xuño de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, para os pagamentos de indemnizacións do prezo xusto, do proceso expropiatorio e servidumes de instalación eléctrica. (Expediente número 52147).

Faise saber a tódolos propietarios dos predios contidos no expediente de expropiación e imposición de servidumes de paso, sobre bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica a 15/20 kV e centro

de transformación en Drozo, do que é beneficiaria a entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na rúa Fernando Macías, nº 2, 15004 A Coruña, que o día 3 de agosto de 1995, ás 12 horas, se procederá na Casa do Concello de Cambre ós pagamentos do prezo xusto, conforme as indemnizacións determinadas polo Xurado Provincial de Expropiación, advertíndolles ós interesados expropiados, que serán notificados individualmente, que os pagamentos se realizarán de conformidade cos artigos 48, 49 e 50 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 48, 49, 50 e 51 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957.

As relacións dos predios ós que proceden os pagamentos, expóñense xunto con este anuncio nos taboleiros oficiais desta delegación e dos concellos a que corresponden.

A Coruña, 13 de xuño de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-04775