Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 06 de xullo de 1995 Páx. 5.383

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 15 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, relativo á práctica de notificación, no expediente de solicitude de declaración de urxente ocupación para a expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 52643).

En cumprimento do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio practícase a notificación de data 22-11-1994, de titular descoñecido ou con domicilio ignorado, segundo propuxo a empresa beneficiaria do procedemento ou por devolución do servicio de correos, e que literalmente di:

«Formulada por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., en concepto de entidade beneficiaria, solicitude para a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica a 20 kV, sub. Cesuras a Curtis-Illana.

De acordo co establecido no artigo 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado por Decreto 26/1966, do 20 de outubro, notifícase que os predios que se relacionan están afectados na forma que se describe:

AFECCIÓN

En solo En voo

Nºde predio, lugar, titular e lindeirosnºposte nºmlm

26, A Coiña, Carmen Seoane Espiñeira12192
Norte: río
Sur: resto do predio
Leste: Carlos Seoane Sánchez
Oeste: ignórase

A declaración de utilidade pública para estas instalacións foi outorgada por resolución de data 3 de decembro de 1993.

En consecuencia, sendo propostos Vdes. como titulares dos predios afectados, advírteselles que dentro do prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ó desta notificación, poderán aportar por escrito, ante esta delegación, sita no edifico administrativo Monelos, s/n 15071, A Coruña, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de predios, propietarios, bens e dereitos que se afectan, establecida pola entidade beneficiaria, así como fomula-las alegacións que estimen pertinentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do Regulamento 2619/1966 citado.

Infórmase ós propietarios que a entidade beneficiaria facilitará por xestión directa nela ou por escrito que se reciba nesta delegación, os datos para identificación dos bens que se afectan; e que de outorgarse a declaración de urxente ocupación solicitada, seguirá o proceso nas súas fases de expropiación, determinación do prezo xusto, e pagamento da indemnización que acorde o Xurado Provincial de Expropiación, en cada caso».

De conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, dirixiranse ó Ministerio Fiscal as notificacións e dilixencias do proceso expropiatorio destes predios, de non comparecer no expediente os seus titulares.

A Coruña, 15 de maio de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado Povincial da Coruña

95-4035