Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 06 de xullo de 1995 Páx. 5.382

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 147/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio 30 da L.M.T. existente Campo Lameiro-Fraga-Alleira ata o C.T. proxectado en Redonde-Alleira, concello de Campolameiro.

Finalidade da instalación: mellora-la subminsitración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., a 20 kV, de 612 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón.

C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-398/230 V.

R.B.T., aérea, de 1.460 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z. e apoios de fibra de vidro.

Orzamento: 8.702.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 31 de marzo de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-03286