Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 06 de xullo de 1995 Páx. 5.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 18 de abril de 1995, do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres, devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (XC-00374-O-95 e catro máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido sinalados no anexo, que se formularon contra eles as denuncias que se expresan. Por este motivo, iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan. O que se lles notifica, facéndolles sabe-lo dereito que os asiste de alegar por escrito perante este Servicio Provincial de Transportes o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas, dentro dos quince días

hábiles seguintes ó da publicación desta cédula. Así mesmo, notifícaselles que a autoridade competente para impoñe-la sanción é o subdirector xeral de Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 24-3), polo que se regulan os órganos competentes par a imposición de sancións por infraccións cometidas en materia de transportes mecánicos por estrada.

Para que conste, lles sirva de notificación ós denunciados de enderezo descoñecido, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27-11) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 18 de abril de 1995.

Gonzalo López González

Xefe do Servicio Provincial de Transportes da Coruña

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

XC-00374-O-95

C-7677-AU

Ax. Tráfico

150232783127

Gallega de Aluminio, S.L.

Avda. Finisterre, 215

A Coruña

Circular transportando barras de aluminio da Coruña a Esteiro, carecendo de tarxeta de transporte. Ostenta distintivos MPC-N da Coruña.

24-2-1995; 10.25; C-550; 18,200

LOTT A. 141 b)

140 d)

RLC 141 o)

ROT 198 b)

197 d)

RD 1211/1990

LOTT A. 143

201 ROT

100.000

XC-00441-O-95

C-8552-AJ

Ax. Tráfico

150232408764

Rodríguez Rey, José Antonio

Galerías S. Margarita,

5, 3º D

A Coruña

Facer unha furgoneta un S. público desde Mazaricos ata A Coruña, dedicándose ó reparto de prensa, carecendo de tarxeta de transporte.

22-2-1995; 17; CP-3404; 15,200

LOTT A. 141 o)

RLC 140 a)

ROT 198 p)

RLC 197 a)

RD 1211/1990

LOTT A. 143

201 ROT

50.000

XC-00470-O-95

C-1848-BJ

Ax. Tráfico

150134251192

Speed Servicios Urgentes, S.L.

Antonio Machado, 48, 1º

A Coruña

Circular transportando paquetes de Madrid á Coruña, facendo un S.P., carecendo de tarxeta de transporte do ano en curso e anteriores.

3-3-1995; 8.50; N-VI; 569

LOTT A. 141 o)

RLC 140 a)

ROT 198 p)

RLC 197 a)

RD 1211/1990

LOTT A. 143

201 ROT

50.000

XC-00367-O-95

C-73.097

Ax. Tráfico

150332625724

Dicanor, S.L.

Sol, 159

Ferrol

Circular facendo transporte privado complementario da Ponte do Porto a Ferrol, carecendo da tarxeta de transporte.

21-2-1995; 18.10; N-651; 23

LOTT A. 141 b)

ROT 198 b)

RD 1211/1990

LOTT A. 143

201 ROT

50.000

XC-00439-O-95

C-9431-E

Ax. Tráfico

150235313811

Comercial Os Campias, S.L.

Rúa da Cachurra, 31

Negreira

Circular cun camión de Negreira a Santa Comba, facendo un S. privado, carecendo de tarxeta de transporte e do certificado para o transporte de mercadorías perecedoiras.

18-2-1995; 10.20; CP-0701; 31,500

LOTT A. 141 b)

RLC 142 m)

141 c)

RLC 142 m)

ROT 198 B)

198 s)

RD 1211/1990

LOTT A. 143

201 ROT

50.000

95-03125