Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 05 de xullo de 1995 Páx. 5.344

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEAREAS

EDICTO: prego de condicións para instalación hoteleira no castelo de Sobroso e outros.

A) O Pleno do Concello, en sesión do 12 de xuño de 1995, aprobou o prego de prescricións técnicas e de condicións xurídico-administrativas reguladoras do concurso público para a construcción e subseguinte explotación dunha instalación hoteleira en terreos do

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

castelo do Sobroso, en réxime de concesión administrativa.

O dito prego faise público para efectos de reclamacións e suxerencias, nun prazo de 30 días hábiles.

B) O Pleno do Concello, en sesión do 12 de xuño de 1995 aprobou a modificación puntual das normas subsidiarias da zona de Lamazáns que comprende a ampliación das dotacións escolares nunha superficie de 12.750 m nos arredores do colexio público nº 3, así como a cambio do solo non urbanizable comun pasándoo a zona urbana.

Exponse ó público polo prazo de un mes para efectos de reclamacións e suxerencias, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei do solo.

C) O Pleno do Concello, en sesión do 12 de xuño de 1995, aprobou inicialmente o estudio de detalle presentado por Angelina Rita García González e Concepción Rivas Rodríguez, conforme co proxecto presentado e redactado polos arquitectos Arturo e Eduardo Fraga Fernández, relativo á unidade de execución 7, fábrica da Perillana.

Exponse ó público polo prazo de quince días, para efectos de reclamacións e suxerencias.

Ponteareas, 21 de xuño de 1995.

Juan José Castro Domínguez

Alcalde en funcións