Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación, que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. existente 30.10 entre os CC.TT. Caeira-Casino e Boavista II alimentando en bucle ó C.T. que se proxecta en r/ Valiña e rematando na L.M.T. 30.10, concello de Poio.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., soterrada, a 20 kV, de 590 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-398/230 V. R.B.T., soterrada, de 51 m de lonxitude, con conductor tipo RV, sobre apoio de formigón.
Orzamento: 11.325.298 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 21 de abril de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
95-3590