Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación, que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio 3 da L.M.T. existente Carolinas-Catoira ata o C.T. que se proxecta en Cea-Sobreiral, concello de Vilagarcía de Arousa.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., a 10/20 kV, aérea, de 1.742 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 10/20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 180 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
Orzamento: 7.915.000 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 18 de abril de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
95-3462