Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 05 de xullo de 1995 Páx. 5.336

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 160/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio 71 da L.M.T. Tibo-Curro ata o C.T. que se proxecta en Vilanoviña, concello de Meis.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 22 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 770 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de fibra de vidro.

Orzamento: 4.035.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as recla

macións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 18 de abril de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-3457.