Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 05 de xullo de 1995 Páx. 5.336

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 158/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Concello de Vigo.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. nº 42.08 ata o C.T. que se proxecta na estación de bombeo, no lugar de Alcabre, concello de Vigo.

Finalidade da instalación: subministra-la enerxía á estación de bombeo.

Características principais: L.M.T., soterrada, de 244 m de lonxitude, a 12/20 kV, con conductor tipo R.H.V. C.T., con dous transformadores de 1.000 kVA, cada un, relación de transformación 15/20 kV-398/230 V.

Orzamento: 5.180.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 18 de abril de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-3465