Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 05 de xullo de 1995 Páx. 5.325

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1995, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, pola que se conceden as subvencións para publicacións periódicas convocadas no anexo VII á Orde do 20 de marzo de 1995 (DOG do 4 de abril), pola que se aproban as bases polas que se rexerán as convocatorias de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do persoal investigador.

A Orde do 20 de marzo de 1995 (DOG do 4 de abril), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do persoal investigador prevé, no seu anexo VII, a concesión de subvencións para publicacións periódicas de carácter científico e que resulten de interese para esta Comunidade Autónoma.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo á proposta elaborada pola Comisión de Selección de Política Científica, creada por Decreto 160/91, do 16 de maio (DOG do 28 de maio) e orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 27 de xullo de 1994 (DOG 10 de agosto), esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder axudas ás persoas que se relacionan a continuación para as publicacións que se sinalan e na contía que se indica en cada caso:

-Responsable: Mª Luisa Melón Rodríguez.

Organismo: Servicio de Publicacións e Intercambio Científico. Universidade de Santiago de Compostela.

Publicación: Revista galega de economía.

Contía: 750.000 ptas.

-Responsable: Mª Luisa Melón Rodríguez.

Organismo: Servicio de Publicacións e Intercambio Científico. Universidade de Santiago de Compostela.

Publicación: NACC (Nova acta científica compostelana).

Contía: 425.000 ptas.

-Responsable: Mª Luisa Melón Rodríguez.

Organismo: Servicio de Publicacións e Intercambio Científico. Universidade de Santiago de Compostela.

Publicación: Ágora. Papeles de filosofía.

Contía: 450.000 ptas.

Responsable: Mª Luisa Melón Rodríguez.

Organismo: Servicio de Publicacións e Intercambio Científico. Universidade de Santiago de Compostela.

Publicación: Boletín galego de literatura.

Contía: 700.000 ptas.

-Responsable: Mª Luisa Melón Rodríguez.

Organismo: Servicio de Publicacións e Intercambio Científico. Universidade de Santiago de Compostela.

Publicación: Verba. Anuncio galego de filoloxía.

Contía: 850.000 ptas.

-Responsable: Mª Luisa Melón Rodríguez.

Organismo: Servicio de Publicacións e Intercambio Científico. Universidade de Santiago de Compostela.

Publicación: Thalassas. Revista de ciencias del mar.

Contía: 600.000 ptas.

-Responsable: Mª Luisa Melón Rodríguez.

Organismo: Servicio de Publicacións e Intercambio Científico. Universidade de Santiago de Compostela.

Publicación: Obradoiro de historia moderna.

Contía: 400.000 ptas.

-Responsable: Mª Luisa Melón Rodríguez.

Organismo: Servicio de Publicacións e Intercambio Científico. Universidade de Santiago de Compostela.

Publicación: Dereito: Revista xurídica da Universidade de Santiago de Compostela.

Contía: 500.000 ptas.

-Responsable: Juan Ramón Vidal Romaní.

Organismo: Servicio de Publicacións da Universidade de A Coruña.

Publicación: Cuadernos. Laboratorio xeolóxico de Laxe.

Contía: 500.000 ptas.

-Responsable: Alfonso Barca Lozano.

Organismo: Universidade da Coruña.

Publicación: Revista galega de psicopedagoxía.

Contía: 500.000 ptas.

Segundo.-De acordo co establecido no punto 4 das bases da convocatoria, previamente ó pagamento e, en todo caso, antes do 30 de novembro de 1995, os beneficiarios deberán remitir un exemplar da correspondente publicación na que conste a colaboración prestada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Terceiro.-Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo de un mes contado a partir da data de publicación da pre

sente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 1995.

José Manuel Touriñán López

Director xeral de Universidades e Investigación

95-03458