Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 04 de xullo de 1995 Páx. 5.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso, da subministración de material informático para a Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural (XSUM-17).

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso:

Obxecto.

Adquisición de material informático para a Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural

(XSUM-17), de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación.

Vintedoús millóns de pesetas (22.000.000 de ptas.)

-Lote 1: 9 ordenadores persoais.

5 plotters para papel tamaño A1.

9 impresoras matriciais: 6.488.300 ptas.

-Lote 2:17 ordenadores persoais.

17 impresoras matriciais: 8.111.700 ptas.

-Lote 3:2 servidores para unha rede local.

2 modems.

8 ordenadores persoais para conectar ós servidores.

2 impresoras láser de 8 ppm.

Instalación de cableado e electrónica de rede para dúas redes locais.

Instalación, posta a punto: 7.400.000 ptas.

TOTAL22.000.000 de ptas.

Fianza provisional.

-Lote 1º: cento vintenove mil setecentas sesenta e seis pesetas (129.766 ptas.).

-Lote 2º: cento sesenta e dúas mil duascentas trinta e catro pesetas (162.234 ptas.).

Lote 3º: cento corenta e oito mil pesetas (148.000 ptas.).

Fianza definitiva.

-Lote 1º: duascentas cincuenta e nove mil cincocentas trinta e dúas pesetas (259.532 ptas.).

-Lote 2º: trescentas vintecatro mil catrocentas sesenta e oito pesetas (324.468 ptas.).

-Lote 3º: duascentas noventa e seis mil pesetas (296.000 ptas.).

Exposición do proxecto e pregos.

O proxecto así como o prego de claúsulas administrativas particulares estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (edificio administrativo, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición.

A proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións.

As proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela), o en calquera das vías admitidas polo artigo 100 do Regulamento xeral

de contratos do Estado, antes das 14 horas do día 31 de xullo de 1995.

A apertura de proposicións terá lugar o día 3 de agosto de 1995, ás 12 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación.

Serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

95-4545