Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 04 de xullo de 1995 Páx. 5.273

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo nº 02/0004160/1995, interposto por Francisco Méndez Goas.

Ponse en xeral coñecemento que con esta data se lle remite ó presidente da sección 2ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o expediente reclamado por ela en relación co recurso contencioso-administrativo, interposto por Francisco Méndez Goas, contra acordo da Consellería de Cultura do 14-11-1994, desestimatorio de recurso contra outro da Comisión do Patrimonio Histórico de Lugo do 26-11-1993, sobre declaración de conxunto histórico artístico da praza de Santa María de Viveiro, co fin de que poidan comparecer perante o devandito tribunal no prazo de nove días cantos aparezan como interesados nel, de conformidade co establecido no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, segundo a redacción dada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, sobre medidas urxentes de reforma procesual.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 1995.

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral da Consellería de Cultura

95-4767