Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 04 de xullo de 1995 Páx. 5.268

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 29 de maio de 1995 pola que se outorgan tres bolsas de colaboración no proxecto de investigación Dimensións da Identidade Colectiva en Galicia, que se desenvolverá no Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro.

Con sustentación na proposta contida na acta da sesión celebrada o día 26 de maio de 1995 pola comisión seleccionadora para a adxudicación de tres bolsas de colaboración no proxecto de investigación «Dimensións da Identidade Colectiva en Galicia» que se desenvolverá no Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, seguindo convocatoria anunciada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no DOG nº 82, do 28 de abril de 1995, e de conformidade coas competenciuas que me recoñece o artigo 3 do Decreto 25/1993, do 11 de febreiro (DOG nº 34, do 19 de febreiro), esta consellería,

DISPÓN:

Artigo 1º

Outorga-las anteditas bolsas ás persoas que a continuación se relacionan:

Nome dos adxudicatariosPeríodo de desfrute

Castro Duarte, Alfredo1-6-95 a 31-12-95
Viejo Viñas, Raimundo1-6-95 a 31-12-95
Gueimonde Canto, Ana Isabel1-6-95 a 31-12-95

Artigo 2º

A contía das bolsas durante o período de desfrute delas será de 122.000 ptas. mensuais, segundo o establecido na base segunda da mencionada orde de convocatoria.

Artigo 3º

A presente disposición porá fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das adminsitracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Sr. Director Xeral de Política Lingüística

95-4733