Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 03 de xullo de 1995 Páx. 5.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO do 11 de maio de 1995 sobre a aprobación inicial do proxecto de urbanización de un tramo da zona 6 do SU-17.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada con data do 20 de abril de 1995, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización parcial da zona 6 do SU-17, por instancia de Samuel García Otero e Florentino Conde Conde.

Anúnciase a exposición ó público do dito proxecto no Departamento de Xestión e Promoción Urbana, de conformidade co establecido no artigo 117.3º do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, polo prazo de quince días, contado desde a última data de publicación oficial, co obxecto de que as persoas ou entidades interesadas poidan formula-las alegacións ou reclamacións que se coiden pertinentes.

Ourense, 11 de maio de 1995.

O alcalde

Rubricado