Convocado concurso por resolución da Universidade da Coruña, do 19 de maio de 1994 (BOE do 29 de xuño) para a provisión da praza 94/030 de titular de universidade, da área de coñecemento de historia do arte, do departamento de Composición da Universidade da Coruña, e tendo en conta que a comisión non formulou proposta ningunha. Visto o artigo 11.2º d) do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.
Este rectorado resolve declarar concluído o procedemento e deserta a praza referida.
A Coruña, 17 de abril de 1995.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña
9503533