Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 03 de xullo de 1995 Páx. 5.245

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1995 pola que se convoca, en colaboración coa Universidade de Vigo, un curso de verán sobre novas perspectivas do sistema autonómico.

A Escola Galega de Administración Pública, como centro oficial de docencia e investigación no campo da Administración pública ten entre os seus fins, a investigación, a documentación, o estudio e a realización de traballos de divulgación en materias de dereito público e ciencia da Administración, con especial referencia ás peculiaridades galegas, podendo concerta-la realización de actividades con outros centros ou entidades de titularidade pública ou privada.

Así pois, no marco do convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Universidade de Vigo, en uso das funcións atribuídas pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase un curso de verán sobre Novas perspectivas do sistema autonómico que deberá desenvolverse segundo as seguintes,

BASES:

Primeira.-Obxectivos.

Analizar e debater sobre a evolución do sistema autonómico deseñado na Constitución de 1978 así como das súas perspectivas de futuro, suscitando a reflexión e intercambio de opinións ó respecto.

Segunda.-Destinatarios.

Estudiosos, profesionais e interesados en xeral, que desexen afondar na materia obxecto do curso.

Terceira.-Desenvolvemento.

-Lugar: Cambados, auditorio da Casa do Concello.

-Datas de celebración: 26 e 27 de xullo, en horario de mañá e tarde.

Cuarta.-Inscrición.

a) Prazo: ata o 18 de xullo.

b) Prezo: 10.000 ptas., cunha bonificación do 40% para funcionarios, estudiantes, doutorandos e persoas en paro, condición que deberá acreditarse suficientemente no momento da inscrición.

O aboamento efectuarase mediante cheque nominativo ou transferencia á conta corrente da EGAP da Caixa de Galicia na oficina de organismos de Santiago de Compostela, conta restrinxida nº 2091-03883110000520. O resgardo uniráselle á ficha de inscrición que figura ó final desta convocatoria, e que poderá presentarse no rexistro xeral da EGAP, no concellod e Cambados ou no da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública en Pontevedra.

Os dereitos de inscrición, unha vez ingresados, únicamente se lles reintegrarán ós interesados se estes, cunha antelación mínima de oito días respecto á data de inicio do curso, manifestan por escrito a súa renuncia a participar nel.

Quinta.-Contido.

1. Relatorios:

-As rexións en Europa.

-A reforma do Senado: unha perspectiva da súa composición.

-A Administración única.

-A conferencia de rexións.

-Sobre a especialización funcional do Senado.

2. Mesa redonda.

Sexta.-Certificados.

Expedirase certificado de asistencia dos participantes que acrediten unha asistencia de 85% das horas lectivas programadas.

Sétima.-Información.

Para máis información, os interesados poderán dirixirse a:

-Pontevedra: Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública, r/ Benito Corbal, 47-1º, (986) 85 07 58.

-Santiago de Compostela, Escola Galega de Administración Pública, r/ de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas (57 08 00, Ext. 249/244).

-Cambados: oficinas municipais, Praza do Concello, 1, (986) 52 20 60 e 52 61 62.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 1995.

Xaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración Pública

95-4529