Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 30 de xuño de 1995 Páx. 5.210

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se publican as adxudicacións definitivas de varios contratos de obras de construcción dun centro de ensino secundario obrigatorio de 16 unidades en Laracha-A Coruña e dúas máis.

Para os efectos previstos nos artigos 38 da Lei de contratos do Estado e 119 do seu regulamento, esta secretaría acordou dar publicidade ás adxudicacións dos contratos de obras que se relacionan.

-Construcción dun centro de ensino secundario obrigatorio de 16 unidades en Laracha-A Coruña.

Resolución do 24-3-1995.

Sistema de adxudicación: concurso de procedemento aberto.

Importe: 270.525.725 ptas.

Adxudicatario: Fontenla, S.A.

-Construcción da Facultade de Humanidades en Ferrol-A Coruña.

Resolución do 10-4-1995.

Sistema de adxudicación: concurso de procedemento aberto.

Importe: 283.354.302 ptas.

Adxudicatario: San José, S.A.

-Proxecto de construcción de edificio para Conservatorio Profesional de Música en Ourense.

Resolución do 21-4-1995.

Sistema de adxudicación: concurso procedemento aberto.

Importe: 404.987.000 ptas.

Adxudicatario: Ramírez, S.L.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 1995.

Juan J. Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria