Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 29 de xuño de 1995 Páx. 5.164

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se fai pública a adxudicación do servicio de perruquería da residencia da terceira idade As Gándaras, de Lugo.

De conformidade co disposto no artigo 214 do Regulamento xeral de contratación do Estado, faise público que o servicio de perruquería da residencia da terceira idade As Gándaras, de Lugo, do que se anunciou concurso público no Diario Oficial de Galicia número 54, do 17 de marzo de 1995, foi adxudicado a Luciano Santos Rocha, por un importe de explotación anual de 38.000 ptas.

Lugo, 4 de maio de 1995.

Luis Abades Álvarez

Delegado provincial de Lugo