Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 29 de xuño de 1995 Páx. 5.161

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/45-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: C.T. provisional 20/10 kV-1000 kVA.

Situación: Gontalde, Zas.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 10/20 kV, sobre apoios de formigón e conductor LA-56, de 46 m de lonxitude, que parte da liña que alimenta o C.T. Gontalde de Electra do Xallas e remate na liña denominada Hermida-Gontalde.

Centro de transformación aéreo sobre pórtico de 1.000 kVA e tensións de 20/10 kV, Zas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 7 de abril de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña