Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 29 de xuño de 1995 Páx. 5.160

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/3-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Subest. San Caetano ata San Lázaro C.T. Pazo Congresos.

Situación: San Lázaro, Santiago de Compostela.

Características técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión a 20 kV, baixo tubos e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 6.465 m de lonxitude, con orixe na subestación de San Caetano e remate en C.T. Pazo de Congresos de Galicia, incluíndo o paso a subterráneas das liñas números 1, 2 e 15 do expediente 10513 entre San Caetano e Polígono das Fontiñas e a número 16 do expediente 27384 entre San Caetano e o C.T. San Lázaro, Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 29 de marzo de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña