Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 29 de xuño de 1995 Páx. 5.140

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 1995 pola que se actualizan as relación de postos de traballo do persoal de Administración e servicios.

Tendo en conta o establecido no artigo 15 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo, e unha vez aprobadas pola xunta de goberno na súa sesión do 20 de abril de 1995 e polo Consello Social na de 5 de maio de 1995, este rectorado en uso das atribucións que lle confire o artigo 62 dos estatutos da Universidade da Coruña, resolve aproba-la relación de postos de traballo para 1995 do persoal de Administración e servicios que figura como anexo á presente resolución.

A Coruña, 11 de maio de 1995.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

Formación específica. Notas:

1. Dominio de idiomas.

2. Experiencia na coordinación das unidades estructurais dos servicios de investigación e planificación das súas tarefas. Coñecementos e experiencia en deseño de experimentos. Experiencia en optimización de recursos materiais e humanos dun laboratorio de investigación, propostas de mellora de equipos e asesoría técnica á dirección. Directrices de estocaxe.

3. Dominio dos idiomas inglés e francés. Valoraranse como méritos coñecementos doutros idiomas, principalmente de países da Comunidade Económica Europea.

4. Experiencia na coordinación e execución de tarefas da unidade de técnicas instrumentais de análise, no deseño do mantemento dos equipos da mesma e na súa manipulación e na realización de experimentos.

5. Experiencia na coordinación e execución de tarefas da unidade de Espectroscopia Molecular, mantemento dos equipos de resonancia magnética nuclear e espectrometría de masas, e na manipulación de equipos e optimización dos mesmos.

6. Experiencia e coñcementos no deseño do mantemento, manipulación, posta a punto e establecemento das condicións de operación dos equipos da unidade de Microscopia. Previsión de finxibles.

7. Experiencia no deseño do mantemento, posta a punto e establecemento das condicións de operación dos equipos da unidade de Análise. Optimización de recursos de operación, realización de experimentos e previsión de funxibles.

8. Coñecementos e experiencia no mantemento da infraestructura, instalación, liñas de tensión e sistemas de alimentación ininterrompida, reparacións e taller.

9. Enxeñeiro en informática. Coñecementos de computación vectorial e paralela, sistemas operativos UNIX e MS-DOS, TCP-IP, linguaxe CVP Fortram 77-VP e Pascal, teleinformática e computación científica.

10. Experiencia nas linguaxes Fortram e C e no manexo de paquetes e librerías estatísticas (como o paquete STATGRAPHICS ou a librería IMSL), e aplicación de cálculo simbólico (REDUCE, MATHEMATICA O MAPLE).

11. Experiencia no seguimento e coordinación do proceso técnico e da súa informatización e no establecemento de pautas comúns e homoxencización das tarefas internas das bibliotecas. Formación do catálogo colectivo.

12. Coñecementos e experiencia en CD-ROM, teledocumentación, acceso ó documento, préstamo interbibliotecario e fotodocumentaicón. Establecemento de pautas comúns para as bibliotecas, en canto a regulación ós servicios e ós usuarios, seguimento das necesidades dos mesmos e información dos servicios.

13. Experiencia en arquivos.

14. Certificado de competencia mariñeira.

15. Carné de conducir D.

16. Carné de conducir B.

17. Experiencia en administración universitaria en xeral, incluíndo xestión de alumnos e económica dos centros.

18. Expecialista en comunicacións TCP/IP, X25 baixo UNIX e dixitais, especialista en UNIX, rede: ETHERNET, Novell.

19. Experiencia en xestión de aplicacións.

20. Experiencia en mantemento de redes.

21. Experiencia en xestión de I+D.

Observacións. Notas:

1. Persoal eventual.

2. Un en xornada de tarde.

3. Un en Ferrol.

4. Un adscrito rectorado, outro ó servicio de persoal e outro ó S.A.P.E.

5. Dous en Ferrol.

6. Corresponde á praza anterior de técnico da unidade de Técnicas Instrumentais de Análise.

7. Corresponde á praza anterior de técnico da unidade de Técnicas de Microespectrografía Molecular.

8. Corresponde á praza anterior de técnico da unidade de Técnicas Microestructurais.

9. A metade en xornada de tarde.

10. Dous ocupadas por funcionarios do grupo E.

11. Xornada de tarde.

12. A extinguir.

13. Xornada partida todolos días da semana. A resultas do convenio colectivo.

14. Dous en xornada de tarde.

15. Media xornada.