Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 28 de xuño de 1995 Páx. 5.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO de poxa das obras de depuradora e colector na ría de Barrañán, primeira fase, incluída no Plan de Obras e Servicios de 1995.

Obxecto.

A presente poxa ten por obxecto a contratación da obra titulada 1ª fase depuradora e colector na ría de Barrañán.

Tipo de licitación.

A licitación realizarase á baixa a partir do tipo de licitación (42.163.556 ptas.). Nas ofestas entenderase incluído, o IVE.

Prezos unitarios.

Os que figuran no orzamento do proxecto técnico.

Prazo de execución.

O prazo de execución da obra é de catro meses

(4)

Presentación de proposicións.

No rexistro xeral do concello durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, BOP e Diario Oficial de Galicia, en horas de 9.30 a 13.30, en dous sobres cerrados que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador, e coa documentación esixida no prego de condicións, cláusula trece.

Apertura de plicas.

A apertura de plicas celebrarase no salón de sesións da Casa do Concello ás doce horas do día hábil seguinte (excepto sábados) ó día en que remate o prazo de presentación de plicas.

Fianzas.

Establécense as seguintes fianzas:

a) Provisional: consistente no 2% do orzamento de licitación. Xuntarase por separado e fóra dos sobres de licitación.

b) Definitiva: consistente no 4% do prezo da adxudicación e que constituirá quen resulte adxudicatario da obra.

c) Complementaria: se a adxudicación se fai cunha baixa do 10% do tipo de licitación.

8. Modelo de Proposición.

O modelo de proposición será o seguinte:

Don/Dona... con domicilio en... rúa... nº..., teléfono.... con DNI (ou pasaporte ou documentos que

o substitúa) nº ... actuando en nome propio (ou en representación de ..., DNI ou CIF nº... e con domicilio en... rúa ... nº.... teléfono ... ) toma parte na poxa convocada por ... e publicada en ... do día... para a execución das obras comprendidas no proxecto de... para o que fai constar:

1. Que ofrece o prezo de... ptas., que significa unha baixa de... ptas., en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3. Que xunta nos correspondentes sobres a documentación esixida no prego de condicións.

En ..., ... de... de 19...

O/A licitador/a (asinado e rubricado).

Modelo de sobres.

Sobre A: Oferta económica.

Proposición para tomar parte na poxa das obras de... presentada por...

En ..., ... de... de 19...

O/A licitador/a (asinado e rubricado).

Sobre B: documentación.

Proposición para tomar parte na poxa das obras de... presentada por...

En ..., ... de... de 19...

O/A licitador/a (asinado e rubricado).

Arteixo, 15 de maio de 1995.

Frutos J. Martínez Saavedra

Alcalde