Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 28 de xuño de 1995 Páx. 5.108

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 7 de xuño de 1995 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación de un posto de traballo vacante na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais anunciado por Orde do 7 de marzo de 1995.

Convocada pola Orde do 7 de marzo de 1995 (DOG número 53, do 16 de marzo), a provisión, polo sistema de libre designación dun posto de traballo vacante na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 7 de marzo de 1995 (DOG número 53, do 16 de marzo).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo á presente orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 1995.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

ANEXO

Nº R.P.: 3524392460A2653.

Grupo: D.

Apelidos e nome: Castro Santos, Juana.

Posto de traballo: secretaria do director xeral.

Código do posto: XUC030000015770001.

Formación específica: mecanografía.

Corpo ou escala: xeral.

Dependencia: Dirección Xeral de Xustiza e Interior.

Localidade: Santiago de Compostela.