Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 28 de xuño de 1995 Páx. 5.103

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 15 de xuño de 1995 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación de postos de traballo pertencentes ó Servicio Galego de Saúde.

Convocada, pola Orde do 7 de abril de 1995 (DOG nº 88, do 9 de maio), a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo pertencentes

ó Servicio Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co establecido no Decreto 148/1991, do 2 de maio, e no artigo único do Decreto 143/1992, do 5 de xuño, e en exercicio das competencias que ten atribuídas,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo pertencentes ó Servicio Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 7 de abril de 1995 (DOG nº 88, do 9 de maio).

Segundo.-Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, ás persoas que se relacionan no anexo á presente orde.

Terceiro.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 1995.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais