Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 28 de xuño de 1995 Páx. 5.088

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1995, pola que se fai pública a relación de centros habilitados para incorporación de técnicos de FP-2 e se conceden as prórrogas de bolsas de técnicos de FP-2 (concursos convocados nos anexos III.A e III.C da orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 17 de febreiro de 1995 - DOG do 27 de febreiro-) e, así mesmo, ábrese o prazo de solicitudes para o concurso para a selección de novos bolseiros de FP-2 conforme as bases recollidas no anexo III.B da citada orde.

A orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 17 de febreiro de 1995 (DOG do 27 de febreiro), pola que se aproban as bases polas

que se rexerán as convocatorias de axudas e bolsas correspondentes á promoción xeral do coñecemento prevé, no seu anexo III, a concesión de bolsas para persoal auxiliar de investigación (técnicos especialistas de FP-2).

De acordo co establecido na base A.3 do dito anexo, desde o 15 ó 26 de maio expuxéronse as listas de solicitudes admitidas e excluídas para a selección de centros habilitados, podendo durante ese mesmo período, os interesados, formular reclamacións para emendar erros e falta de documentos.

Rematado este prazo e estudiadas as reclamacións presentadas, as solicitudes admitidas foron estudiadas pola Comisión de Selección de Política Científica creada por Decreto 160/1991, do 16 de maio (DOG do 28 de maio) e orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 27 de xullo de 1994 (DOG do 10 de agosto).

Así mesmo, a devandita comisión procedeu ó estudio das solicitudes de prórrogas de bolsas de FP-2 presentadas ó abeiro do anexo III.C da orde xa citada.

En consecuencia, atendendo á proposta elaborada pola Comisión de Selección de Política Científica en relación cos apartados A e C do anexo III da Orde do 17 de febreiro de 1995 (selección de centros habilitados e prórroga das bolsas de FP-2), esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-a) Concederlles prórroga para desfrutar da bolsa durante un novo período de un ano, que se contará a partir do 15 de decembro de 1995 e nos mesmos centros ós que están adscritas, ás persoas que se relacionan no anexo I.

b) A contía destas bolsas será de 70.000 ptas. mensuais durante o período da prórroga, segundo o establecido na base 2 do apartado B, anexo III, da orde de convocatoria.

c) Para calquera incidencia durante o período de desfrute desta bolsa será de aplicación o disposto no punto B.10 do anexo III da Orde do 17 de febreiro de 1995.

d) A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria, suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Segundo.-a) Habilitar para a adscrición de bolseiros especialistas de FP-2 ós centros que se relacionan no anexo II da presente resolución.

b) De conformidade co establecido no punto B.4 do anexo III da Orde de convocatoria do 17 de febreiro de 1995, o prazo para que os titulados de FP-2 (ou de estudios equivalentes) participen no concurso para a selección de novos bolseiros, comprenderá desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG ata o 28 de xullo de 1995. As solicitudes deberán axustarse ás bases da convocatoria establecidas no anexo III, apartado B, da citada Orde do 17 de febreiro de 1995.

c) O prazo de exposición das listas de solicitudes admitidas e excluídas, previsto na base B.5 da convocatoria abranguerá desde o 6 ó 16 de setembro (ámbolos dous incluídos) podendo os interesados, durante o mesmo período, formular reclamacións para emendar erros e faltas de documentos ante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación aportando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

Terceiro.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo de un mes contado a partir da data de publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do precedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 1995.

José Manuel Touriñán López

Director xeral de Universidades e Investigación