De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11-1992), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente, por infracción da
Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu Regulamento, do 23 de decembro.
O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria ó número de conta 120.597 do Banco Pastor, código número 0072, da oficina principal 0401, de Pontevedra, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da presente publicación, conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía administrativa de constrinximento.
Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo de un mes poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.
Pontevedra, 25 de abril de 1995.
Manuel Abeledo López
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: I-51/1994.
Denunciado e último enderezo coñecido: Luis Leis Novoa. Rúa Rogelio Abalde, 23-3º, 36201 Vigo.
Feito denunciado: abandono de lixo.
Precepto infrinxido: Art. 137 E) do regulamento da Lei de incendios forestais.
Precepto sancionador: Art. 139 do regulamento da Lei de incendios forestais.
Sanción: 25.000 ptas.