Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 26 de xuño de 1995 Páx. 5.006

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (79/1995).

Pola presente cédula, que expido en méritos do acordado nos autos de xuízo de faltas 79/1995, sobre danos, cítase a David Aldonza Torres, en concepto de denunciado, co fin de que o día vinteseis de xuño de 1995, ás 11.30 horas, compareza perante a Sala de Audiencia do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, rúa Algalia de Abaixo nº 24-1º, co obxecto de asistir á celebración do correspondente xuízo de faltas, debendo verificalo acompañado de cantos medios de proba intente valerse, prevíndoo de que, en caso de non comparecer, recaerán sobre del os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

E para que conste e lle sirva de citación a David Aldonza Torres, cos apercibimentos acordados, libro a presente cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Santiago de Compostela o doce de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado