Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 26 de xuño de 1995 Páx. 5.006

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (170/1994-01).

Eu, Jorge Villar Trabazos, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas número 170/1994 sobre furto, seguido como denunciante José Luis Tejo Castro e como denunciado Manuel Gándara Rodríguez, dictouse sentencia cunha decisión que di:

«Que debo condenar e condeno a Manuel Gándara Rodríguez como autor penalmente responsable dunha falta de furto, á pena de cinco días de arresto menor e ó pagamento das custas.

Así, por esta a miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a última notificación, e da que engadirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación ó denunciado, Manuel Gándara Rodríguez, en ignorado paradoiro, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o 12 de maio de 1995.

O secretario

Rubricado