Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 26 de xuño de 1995 Páx. 4.995

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 1995, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se dictan normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 1995/1996, entre profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo.

Coa finalidade de adxudicar destino provisional para o curso académico 1995/1996, ó profesorado sen destino definitivo dos corpos citados, convócase o presente concurso de acordo coas seguintes,

BASES:

Primeira.

Convócase concurso, de acordo coas especificacións que se citan na presente resolución, para a provisión das necesidades de profesorado para o curso 1995/1996, nos centros que se relacionan nos anexos I, II, III e IV, entre o profesorado sen destino definitivo dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

Segunda.

Estarán obrigados a participar no presente concurso, na súa especialidade:

a) O profesorado en situación de expectativa de destino, que se ordenará por anos de celebración

do concurso-oposición, e dentro de cada concurso-oposición polo número de orde obtido nel.

Considerarase profesorado en expectativa de destino, ademais dos relacionados no anexo IV da Orde do 15 de xuño de 1995, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados convocado pola Orde do 6 de outubro de 1994 (DOG do 17), os opositores do ano 1991 declarados aptos na fase de prácticas pola Orde do 5 de abril de 1995 (DOG do 24 de abril), e que non obtiveron destino definitivo no citado concurso nin nos anteriores.

b) Os opositores que superaron o procedemento selectivo de acceso e ingreso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño convocados pola Orde do 8 de xuño de 1994 e que figuran nos anexos da Orde do 7 de febreiro de 1995 (DOG do 15) e na Orde do 5 de abril de 1995 de corrección de erros á anterior (DOG do 24), pola orde obtida no procedemento selectivo.

e) Os opositores que superen o procedemento selectivo de acceso e ingreso ó corpo de profesores de ensino secundario convocado pola Orde do 28 de marzo de 1995, pola orde obtida no procedemento selectivo.

d) Profesorado interino, pola mesma orde que elixiron, no curso académico 1994-1995. Para estes efectos, o profesorado que estivo como funcionario en prácticas no curso académico 1993-1994, e que pasou a situación de interino en execución da sentencia do Tribunal Supremo do 6 de marzo de 1995 intercalarase na relación de interinos en función da data de acceso ó primeiro posto de traballo docente.

e) O profesorado substituto, en función da orde de acceso á interinidade ou substitución.

Terceira.

Os profesores de ensino secundario poderán solicita-las seguintes prazas, de acordo coas especificacións que se conteñen nesta base:

a) As correspondentes ás especialidades das que sexan titulares, para os institutos e seccións de bacharelato, institutos e seccións de formación profesional, institutos de educación secundaria e profesional e institutos de educación secundaria que figuran no anexo I da presente resolución e para as especialidades de:

CódigoEspecialidade

01Filosofía

02Grego

03Latín

04Lingua castelá

e literatura

05Xeografía e historia

06Matemáticas

07Física e química

08Bioloxía e xeoloxía

09Debuxo

10Francés

CódigoEspecialidade

11Inglés

12Alemán

16Música

17Educación física

18Ética

19Tecnoloxía

22Formación empresarial

24Tecn. metal

25Tecn. eléctrica

26Tecn. electrónica

27Tecn. automoción

28Tecn. delineación

29Tecn. administrativa

e comercial

30Tecn. química

31Tecn. sanitaria

32Tecn. da madeira

35Tecn. de moda e confección

36Tecn. perruquería e estética

37Tecn. artes gráficas

40Tecn. marítimo pesqueira

41Tecn. agraria

42Tecn. servicios á

comunidade

43Tecn. hostelería e turismo

45Tecn. imaxe e son

53Lingua e literatura galega

54Tecn. Informática e xestión

55Educador

56Informática

59Tecn. empresas e activida-

des turísticas

60Tecn. cultivos mariños

61Estudios TV

62Mantemento de equipos

audiovisuais

63Equipos informáticos

64Tecnoloxía fontanería

65Economía

66Tecnoloxía industrial

70Ética e filosofía do dereito

72Volume

73Xeometría da arte

b) O profesorado de clásicas poderá solicitar indistintamente as prazas de latín e grego.

c) O profesorado de modelado e baleirado poderá solicitar prazas de volume.

d) O profesorado de matemáticas poderá solicitar prazas de xeometría da arte.

e) Os profesores de ensino secundario poderán solicita-las prazas das escolas oficiais de idiomas e das escolas de artes aplicadas e oficios artísticos relacionadas nos anexos II e III da presente resolución.

f) Os titulares da especialidade de tecnoloxía administrativa e formación empresarial poderán solicitar prazas de economía.

g) As prazas de tecnoloxía industrial (do novo bacharelato tecnolóxico) poderán ser solicitadas polos titulares da especialidade de tecnoloxía de

automoción tecnoloxía de metal e tecnoloxía marítimo-pesqueira (máquinas).

Cuarta.

Os profesores do corpo de profesores técnicos de formación profesional, poderán solicita-las seguintes prazas, de acordo coas especificacións que se conteñen nesta base:

a) Prazas correspondentes ás especialidades das que sexan titulares, para os centros que figuran no anexo I, e para as especialidades de:

CódigoEspecialidade

01Práct. metal

02Práct. electricidade

03Práct. electrónica

04Práct. automoción

05Práct. delineación

06Práct. administrativas

e comerciais

07Práct. química

08Práct. sanitarias

09Taller madeira

10Taller téxtil

12Taller moda e confección

13Taller perruquería e estética

14Taller artes gráficas

15Taller construcción e obra

17Práct. marítimo pesqueiras

18Práct. agrarias

20Práct. hostelería-cociña

21Práct. hostelería-servicios

22Práct. imaxe e son

24Práct. informática e xestión

27Práct. servicios á comunidade

28Práct. equipos informáticos

30Práct. protésico dental

31Práct. hixienista dental

32Práct. cultivos mariños

33Prácticas e actividades

34Práct. empresas e actividades turísticas

37Práct. diminuídos psíquicos

Quinta.

Os profesores de escolas oficiais de idiomas, de acordo coas especialidades de que sexan titulares, poderán solicit-las prazas do centros que aparecen no anexo II e para as especialidades de:

CódigoEspecialidade

01Alemán

06Español para estranxeiros

08Francés

09Galego

11Inglés

12Italiano

15Portugués

17Ruso

Sexta.

Os profesores de música e artes escénicas, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo III e para as especialidades de:

CódigoEspecialidade

01Acordeón

02Harmonía e melodía

acompañada

04Canto

07Clarinete

08Composición e instrumen-

tación

09Conxunto coral e instru-

mental

10Contrabaixo

11Contrapunto e fuga

19Estética e Hª da música

21Fagot

23Frauta travesa

24Frauta de bico

26Guitarra

29Historia da cultura e

da arte

39Música de cámara

42Oboe

43Órgano

45Percusión

46Piano

50Repentización, transpos.

inst. e acompañamento

52Saxofón

53Solfexo e teoría da música

55Trombón

57Trompa

58Trompeta

59Tuba

60Viola

61Violín

63Violoncello

64Acompañamento

65Clave

66Pianista acompañante

88Arpa

Sétima.

Os profesores de artes plásticas e deseño, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo IV e para as seguintes especialidades:

CódigoEspecialidade

06Dereito usual e conta-

bilidade

09Debuxo artístico

10Debuxo lineal

13Historia da arte

16Matemáticas

18Modelado e baleirado

34Técnicas de deseño gráfico

35Técnicas gráficas

industriais

37Teoría e práctica do deseño

38Proxecto e deseño interiores

39Teoría da comunicación

40Xemoloxía

Oitava.

Os mestres de taller de artes plásticas e deseño, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo IV e para as seguintes especialidades:

CódigoEspecialidade

06Cerámica artística

08Decoración

12Delineación

13Debuxo publicitario

15Deseño de figurinos

16Dorado e policromía

21Esmaltes

27Fotografía artística

28Fotografía e procesos

reproducción

41Metalistería artística

47Orfebrería

50Química aplicada á

cerámica

52Repuxado en metal

58Talla en madeira

60Talla en pedra e madeira

63Técnicas de xoiería

65Baleirado e moldaxe

66Proxecto e deseño de

interiores

67Taller do moble

97Serigrafía

Novena.

1. Os participantes deberán manifestar na instancia de solicitude aquelas disciplinas afins coas que desexan completar, se e o caso, horario. Para estes efectos, poderán solicita-la tecnoloxía, tanto os profesores de ensino secundario como os profesores técnicos de formación profesional que posúan a titulación necesaria para impartila.

2. De existir nun centro máis de unha vacante da mesma especialidade, unha delas cun horario completo e outra para completar con materias afíns, adxudicarase en primeiro lugar a praza ou prazas que teñan horario completo da especialidade pola que se participa.

3. O profesorado poderá solicitar un mesmo centro con horario completo da súa especialidade e con materias afíns, na orde que coide conveniente. Para estes efectos deberanse repeti-los códigos dos centros nos que se dea a circunstancia, poñendo unha cruz (x) no recadro da dereita da solicitude (A) que fai referencia a materias afíns. Na adxudicación terá prioridade a petición de centro sobre a orde das materias afíns.

Décima.

1. A orde de adxudicación dos destinos provisionais será por colectivos preferentes, conforme o previsto na base segunda.

2. Os profesores, interinos e substitutos que soliciten prazas da súa especialidade sen completar horario con ningunha outra materia, de non corresponderlle ningunha destas prazas, pasarán a formar parte da lista para posibles novas necesidades de interinidades ou substitucións. Ós profesores en expectativa de destino e en prácticas adxudicaráselles destino de oficio.

3. Os profesores que solicitando prazas da súa especialidade completando horario con outras materias, de non corresponderlles praza na súa especialidade adxudicaráselles praza noutra materia das indicadas, se existise vacante, unha vez colocados os colectivos sinalados nos apartados a), b), c) e d) da base segunda da presente resolución.

4. Ó profesorado substituto unicamente poderá adxudicárselle praza da súa especialidade con ou sen materias afins segundo a solicitude.

Décimo primeira.

As prazas das escolas oficiais de idiomas e das escolas de artes aplicadas a oficios artísticos que queden vacantes, unha vez resolto o concurso entre os funcionarios en expectativa de destino, funcionarios en prácticas e, se é o caso, interinos, dos corpos correspondentes, serán- adxudicadas ós profesores de ensino secundario, da respectiva especialidade que as solicitasen.

Décimo segunda.

Cando concorran a prazas de economía ou tecnoloxía industrial, profesores de distinta especialidade a orde de prioridade na adxudicación virá determinada pola pertenza a un colectivo preferente, de acordo coa base segunda da presente resolución. No suposto de que pertenzan ó mesmo colectivo a orde será determinada pola data máis antiga de acceso á prestación de servicios como interino ou substituto. De coincidi-la mesma data de acceso a un posto de traballo na función pública docente, desempatarase por orde alfabética, iniciándose polo apelido coa letra «R». 0 mesmo criterio utilizarase para a adxudicación de prazas correspondente a materias afíns.

Décimo terceira.

1. Con carácter previo á adxudicación das prazas do presente concurso a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria procederá a resolve-las peticións de reingreso no servicio activo solicitados con anterioridade ó 10 de setembro de 1995.

2. Así mesmo, con carácter previo á adxudicación destas prazas procederase á adscrición provisional daqueles profesores que tendo destino definitivo, deban ser desprazados provisionalmente por falta

de horario no seu centro de destino, de acordo coas seguintes normas:

a) A adscrición provisional de efectivos dentro da mesma localidade efectuarase por resolución do delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por proposta da Inspección Educativa. No suposto de que o funcionario a desprazar teña a posibilidade de ir prestar servicios en máis de un centro, por existir vacantes da súa especialidade, será desprazado ó que el determine.

b) A adscrición provisional para unha localidade distinta dentro da mesma provincia de destino efectuarase por resolución do delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por proposta da Inspección Educativa, logo de conformidade do interesado.

c) A adscrición provisional a un centro situado en provincia distinta da de orixe, será efectuado pola Dirección Xeral de Persoal, por proposta dos delegados provinciais, logo do informe da Inspección Educativa e da conformidade do interesado.

d) Cando varios profesores soliciten voluntariamente ser adscritos a outro centro por falta de horario no seu centro de destino definitivo, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

1) Prestar servicios na mesma localidade.

2) Prestar servicios na mesma provincia.

3) Data da toma de posesión. Se a data de toma de posesión é a mesma daráselle prioridade ó número de rexistro de persoal máis baixo ou mellor número de oposición, segundo os casos. Se concorresen á mesma praza funcionarios procedentes de distintos corpos, anteriores a entrada en vigor da LOXSE, efectuarase un sorteo para determina-la preferencia.

3. Será de aplicación o disposto no apartado anterior para a impartición de tecnoloxía entre os profesores de educación secundaria obrigatoria, e profesores técnicos de formación profesional que estean en posesión dun dos títulos adecuados para impartila.

Décimo cuarta.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Para os opositores que superen o procedemento selectivo convocado pola Orde do 28 de marzo de 1995 o prazo será de cinco días naturais contado desde o día seguinte ó da publicación da lista de aprobados polos tribunais ou comisións de selección.

Os opositores mencionados no parágrafo anterior que xa fixeran a súa solicitude pola súa condición de interinos ou substitutos presentarán, no mesmo prazo o documento que se xunta como anexo VI.

Décimo quinta.

1. As solicitudes, segundo o modelo oficial que estará a disposición dos interesados nas delegacións provinciais, presentarase, por duplicado ou orixinal e fotocopia, na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nas súas delegacións provinciais ou en calquera das dependencias ás que alude o artigo 37.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Xuntarase á solicitude fotocopia compulsada do primeiro nomeamento como funcionario interino ou substituto.

2. Nas solicitudes deberanse consigna-los centros que se solicitan por orde de preferencia, cos números de código que figuran nos anexos da presente resolución.

Cando non exista concordancia entre os dous exemplares da solicitude de prazas, terá validez a que sexa obxecto de tratamento informático. Calquera erro no número de código determinará que se anule a petición, se non corresponde a ningún centro existente.

3. Cando se soliciten prazas de máis de unha especialidade, de acordo coas bases desta convocatoria, deberanse repeti-los códigos dos centros nos que se desexe obter praza, indicando no recadro da dereita da instancia o código da especialidade.

Décimo sexta.

1. Non poderán participar no presente concurso os profesores que teñan concedida unha comisión de servicios ou unha adscrición a un posto de traballo para o curso académico 1995/1996.

2. Aqueles profesores ós que, participando no concurso convocado pola presente resolución, se lles conceda posteriormente unha comisión de servicios ou adscrición deberán remitir renuncia ó concurso, dirixida á Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Décimo sétima.

1. O día 8 de setembro de 1995, a Dirección Xeral de Persoal procederá a publica-las relacións de persoal, por especialidades e orde de adxudicación de prazas nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nos centros educativos que a continuación se indican:

-A Coruña ... IB «Eusebio da Guarda» ... IFP «Fndo. Wirtz»

-Santiago ... IB «Rosalía de Castro» ... IFP «San Clemente»

-Ferrol ... IB «Sofía Casanova» ... IFP de Caranza

-Lugo ... IB «Nosa Sra. dos Ollos Grandes» ... IPFP de Lugo

-Burela ... IB Burela

-Ourense...IB «Eduardo Blanco Amor» ... IPFP A Carballeira

-Barco de V., O ... IFP do Barco de Valdeorras

-Pontevedra ... IB «Valle Inclán». IPFP de Pontevedra

-Vigo ... IB «Sto. Tomé do Freixeiro» ... IPFP de Vigo

2. Publicadas as relacións de persoal, ábrese un prazo de cinco días naturais para presentar reclamacións contra ela e de confirmación da solicitude efectuada, conforme o modelo que se publica como anexo V. Os que non realicen esta confirmación de praza quedarán excluídos da participación no presente concurso e definitivamente das listas correspondentes.

3. Resoltas as reclamacións, a Dirección Xeral de Persoal procederá á adxudicación das prazas e a facer pública a resolución provisional do concurso nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

4. Os concursantes poderán presentar reclamacións á resolución provisional, na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nas súas delegacións provinciais, no prazo de tres días naturais a partir da súa exposición.

5. Resoltas as incidencias ás que se refire o apartado anterior procederase a elevar a definitiva a resolución provisional e a súa publicación na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas súas delegacións provinciais.

Décimo oitava.

O profesorado tomará posesión na unidade de persoal da delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da provincia de destino, e incorporarase ó centro no prazo das corenta e oito horas seguintes ó da exposición da resolución definitiva do concurso.

Décimo novena.

Os participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 28 de abril de 1995, que non estean incluídos nas listas dos aspirantes que superaron aqueles nin nos apartados d) e e) da base segunda da presente resolución, poderán solicitar, segundo o modelo que se publica como anexo VII a súa inclusión nas relacións de aspirantes para desempeñar prazas de interinidades ou substitucións, no prazo de un mes contado desde o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de aprobados, sempre que estean en posesión da titulación que se relaciona para cada especialidade no anexo VIII. Estarán exceptuados deste requisito de titulación os aspirantes que superen todos e cada un dos exercicios da fase de oposición.

Este colectivo ordenarase para efectos de prioridade na elección por especialidades e dentro de cada especialidade por bloques, de acordo co número de exercicios superados; dentro destes bloques pola puntuación resultante da fase de concurso e oposición, unha vez realizada a ponderación prevista no Real decreto 850/1993, do 4 de xuño.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 1995.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

ANEXO V

Don/Dona.., con DNI ... e con domicilio para efectos de notificacións na rúa ..., CP..., localidade..., provincia..., Tfno...

Efectúa a confirmación da solicitude de prazas realizadas de acordo co disposto na base décimo sétima da resolución da Dirección Xeral de Persoal do 16 de xuño de 1995.

Así mesmo, rNon presenta reclamación

rPresenta reclamación

Contra as resolucións de persoal publicadas o día 8 de setembro de 1995, en base a:

Santiago de Compostela....

Asdo.:

Sr. Director Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO VI

Don/Dona.... con DNI ... e con domicilio para efectos de notificación na rúa ...., CP...., localidade...., provincia..., Tfno...

Expón que de conformidade coa resolución da Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 16 de xuño de 1995, solicitou praza como

rInterino

no corpo de..., especialidade de...

rSubstituto

Que superou o procedemento selectivo de acceso e ingreso ó corpo de profesores de ensino secundario convocado pola Orde do 28 de marzo de 1995 na especialidade de...

Polo que solicita que a súa petición sexa tramitada conforme o apartado c) da base segunda da resolución mencionada.

..., ... de... de 1995.

Asdo.:

Sr. Director Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO VII

Don/Dona..., con DNI... e con domicilio para efectos de notificación na rúa..., CP..., localidade..., provincia..., Tfno...

Solicita ser incluído na relación de aspirantes a desempeñar prazas de interinidades ou substitucións de ensino secundario na especialidade de..., estando en posesión do título de... e superando no procedemento selectivo convocado pola Orde do 28 de marzo de 1995 o... exercicio.

..., ... de... de 1995.

Asdo.:

Sr. Director Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria