Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 26 de xuño de 1995 Páx. 4.988

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Industria, pola que se aproba o proxecto de execución da liña eléctrica aérea a 132 kV que enlaza a subestación de Mera coa de Cedeira. (Expediente número 52750).

Vistos o escrito e a documentación presentados perante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na rúa Fernando Macías nº da Coruña, polo que solicita a aprobación do proxecto de execución da liña eléctrica aérea a 132 kV, con orixe na subestación de Mera e remate na futura subestación de Cedeira, percorrendo terreos dos termos municipais de Ortigueira, Cerdido e Cedeira, da provincia da Coruña (expediente número 52750).

Resultado que o proxecto da liña eléctrica aérea, queda definido basicamente polas seguintes características:

-Liña trifásica de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV, sobre apoios metálicos e con conductor LA-180, de 14.325 m de lonxitude; en circuíto simple ata o apoio nº 70 e en dobre circuíto desde aquel ata o apoio nº 75, entrando en subterráneo na subestación de Cedeira.

Resultando que con data do 14 de xuño de 1994 esta dirección xeral resolveu autorizarlle ó beneficiario a instalación da referida liña, respectando os datos que figuraban no seu anteproxecto, e declarar, a súa utilidade pública, resolución que quedaba condicionada unicamente á presentación posterior do proxecto, como paso previo á súa posta en marcha.

Resultando que Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. acepta os condicionados establecidos, se é o caso, pola Dirección Xeral de Estradas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola Compañía Telefónica de España, S.A., e pola empresa FEVE, no que afecta ó percorrido da citada liña eléctrica.

Considerando que a Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente de acordo co Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 140/1991, do 2 de maio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, aplicable a este expediente en virtude do que establece a alínea 2 da disposición transitoria segunda da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Considerando que sobre o proxecto emitiu un informe técnico favorable o facultativo competente da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña e que proposta a súa aprobación polo delegado provincial, cumpre as normativas técnicas vixentes en materia de tendidos de liñas eléctricas, así como o preceptuado no Regulamento de liñas eléctricas aéreas de alta tensión (Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, BOE do 27 de decembro).

Considerando que se cumpriu a tramitación regulamentaria disposta na normativa antes mencionada e que coa construcción e posta en funcionamento desta liña eléctrica aérea a 132 kV, atendendo as previsións do Plan MEGA, conséguese un mellor servicio eléctrico nos sectores de influencia.

Esta dirección xeral,

RESOLVE:

Aproba-lo proxecto de execución da liña eléctrica a 132 kV, con orixe na subestación de Mera e remate na futura subestación de Cedeira, afectando ós termos municipais de Ortigueira, Cerdido e Cedeira, da provincia da Coruña.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo de un mes contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 1995.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria