Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 23 de xuño de 1995 Páx. 4.958

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

ACORDO do 20 de xuño de 1995, da Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia, polo que se convoca proceso seleccivo para cubrir mediante o nomeamento de persoal interino postos de traballo de auxiliares administrativos, (grupo D) vacantes no Consello de Contas de Galicia.

Estando vacantes doce postos de traballo de auxiliares administativos (grupo D) no Consello de Contas de Galicia e ó ser urxente a súa cobertura por razóns das necesidades do servicio, apreciada pola Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia, no uso das facultades conferidas nos artigos 102º d) e 36.4º do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas de Galicia, publicado por Resolución do 25 de xuño de 1992, DOG nº 138 do 17 de xullo, dispón a cobertura dos postos de traballo de acordo coas seguintes,

BASES:

I. A finalidade da presente convocatoria é a cobertura de doce postos de auxiliares administrativos (grupo D) vacantes no Consello de Contas de Galicia mediante o nomeamento de persoal interino previsto no artigo 38 do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas de Galicia que cesarán nos seus postos cando as súas prazas sexan cubertas por funcionarios de carreira.

II. Condicións dos aspirantes:

Para seren admitidos ó proceso selectivo os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

A. Ser español.

B. Ter cumpridos os 18 anos de idade.

C. Non estar separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de calquera Administración pública, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

D. Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título de graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente.

E. Non padecer enfermidade, nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

III. Encoméndaselle ó órgano de selección a elaboración da relación de aspirantes admitidos e excluídos, así como a realización e cualificación do proceso selectivo.

IV. O procedemento selectivo consistirá nun concurso no que se lles valorarán ós aspirantes admitidos os seguintes méritos:

A. Méritos académicos:

Puntuación máxima.

1. Título de licenciado: 1,5 puntos

2. Título de diplomado: 1 punto.

3. Título de bacharelato superior: 0,75 puntos.

4. Non se valorará a titulación esixida para acceder ó posto de traballo nin as titulacións académicas necesarias para a consecución doutras de nivel superior.

B. Cursos de formación:

1. Puntuación máxima: 2 puntos.

2. Cursos de formación para órganos públicos de control externo: 1 punto por curso realizado.

3. Valoración doutros cursos realizados en relación co posto de traballo: 0,30 puntos por curso realizado.

C. Grao de coñecemento do idioma galego:

1. Iniciación ó galego: 2 puntos.

2. Perfeccionamento: 4 puntos.

3. En caso de acredita-lo curso de perfeccionamento non se valorará o de iniciación.

4. Só se concederá validez, polo que a acreditación do galega se refire, ós cursos ou titulacións homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

D. Experiencia profesional:

1. Puntuación máxima: 8 puntos.

2. Valoración de probas de selección superadas para órganos públicos de control externo na mesma categoría da convocatoria: 3 puntos.

3. Polo traballo real prestado en órganos públicos de control externo: 0,15 puntos/mes ata un máximo de 5 puntos.

4. Polo traballo desenvolvido noutras administracións da Comunidade Autónoma: 0,10 puntos/mes ata un máximo de 3 puntos.

5. Polo traballo desenvolvido en empresas privadas na mesma categoría á da convocatoria: 0,05 puntos/mes ata un máximo de 2 puntos.

V. Instancias.

As persoas que desexen participar nesta convocatoria deberán presentar unha instancia, segundo o modelo que figura como anexo ó presente acordo, no rexistro xeral do Consello de Contas de Galicia, rúa Ramón Piñeiro, nº 29 en Santiago de Compostela no prazo de oito días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do presente acordo no Diario oficial de Galicia. Coa instancia deberá xun

tarse fotocopia do DNI e currículum xustificativo coas copias dilixenciadas dos documentos acreditativos dos méritos que se alega conforme a convocatoria.

VI. Admisión de solicitudes.

O órgano de selección elaborará unha lista de aspirantes admitidos e excluídos que se expoñerá no taboleiro de anuncios do dito organismo e contra a que se poderá reclamar no prazo de cinco días.

Por medio dun anuncio publicado no DOG farase pública a data de publicación das resolucións que se citan para efectos das reclamacións.

VII. Tribunal.

O tribunal encargado de efectua-la selección, que estará constituído por un número impar de membros, non inferior a cinco, debendo designarse o mesmo número de membros suplentes, será nomeado pola Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia do que formarán parte, ademáis dos representantes do Consello de Contas de Galicia, tres representantes de funcionarios e un representante sindical, e a súa composición farase pública por medio do anuncio que se cita na base anterior.

Para os efectos do disposto no artigo 26.2º do Decreto 299/1990, do 24 de maio, o tribunal ten a categoría cuarta.

VIII. Resolución.

No prazo máximo de quince días a partir do remate do proceso selectivo o Consello de Contas de Galicia publicará no taboleiro de anuncios, que se cita na base sexta, a relación dos seleccionados.

IX. Toma de posesión.

Os aspirantes que resulten seleccionados serán nomeados interinos do grupo D do Consello de Contas de Galicia e asignaránselle-los postos tendo en conta a orde de puntuación e en todo caso darase preferencia a aqueles aspirantes que prestasen ou presten servicio en órganos públicos de control externo.

Os seleccionados deberán achegar, no prazo máximo de dez días naturais a partir do seguinte ó da publicación do nomeamento no DOG, os documentos que a seguir se relacionan:

Fotocopia cotexada do seu DNI.

Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado por medio de expediente disciplinario do servicio de calquera Administración pública e de non estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

Fotocopia cotexada do título requirido na convocatoria.

Certificado médico oficial acreditativo de que non padece enfermidade e, no caso de estar afectado por algunha limitación física ou psíquica, certificado expedido polo órgano competente que acredite que tal limitación é compatible co desempeño das correspondentes funcións.

Se no citado prazo non presenta a documentación ou o fan de xeito incompleto, perderán tódolos seus dereitos, agás en caso de forza maior.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 1995.

Carlos Otero Díaz

Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia