Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 22 de xuño de 1995 Páx. 4.932

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MUSEO DO POBO GALEGO

CONVOCATORIA de bolsa de investigación.

O Museo do Pobo Galego convoca unha bolsa para a realización dun traballo de investigación sobre tradición oral.

Duración: tres meses.

Remuneración: 120.000 ptas. mensuais.

Requisitos: os solicitantes deberán estar en posesión dunha licenciatura universitaria, non anterior ó curso 1989-1990, e acreditarán o uso da lingua galega.

Incompatibilidades: a bolsa será incompatible coa realización de traballo remunerado ou o desfrute doutra bolsa.

Prazo de presentación: ata o 30 de xuño de 1995.

As bases están expostas no Museo do Pobo Galego, San Domingos de Bonaval, 15704, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 1995.