O día 4 de maio de 1995 a Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria remitiulle á Sala do Contencioso-Administrativo, sección primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, os expedientes administrativos correspondentes ós recursos contencioso-administrativos números 435 ó 485/1995, interpostos por María Isabel Sixto Froiz e outros, contra resolución da Dirección Xeral de Persoal desestimatoria da pretensión dos recorrentes sobre valoración como mérito docente e complemento específico ó seu labor de mestres de educación especial.
En cumprimento do requirimento da presidencia da sala e o disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, faise público para que tódolos interesados no procedemento, dos que se descoñece a súa identidade, poidan comparecer e presentarse en autos, no prazo de nove días, perante a sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Santiago de Compostela, 4 de maio de 1995.
Juan José Bértolo Cadenas
Secretario xeral da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria