Para os efectos de dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 02/4093/1995 interposto por Antonio Hermida Rodríguez, contra acordo C.P.U. da Coruña do 7-4-1994, e desestimación presunta recurso de alzada
ante a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda o 14-6-1994, sobre aprobación das normas subsidiarias de planeamento do termo municipal de Melide (BOP da Coruña do 14-5-1994), esta consellería resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.
O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días segundo dispón o artigo 64 da Lei de xurisdicción contencioso-administrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.
Santiago de Compostela, 27 de abril de 1995.
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda