Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 21 de xuño de 1995 Páx. 4.849

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 1995 pola que se anuncia a contratación dunha asistencia técnica para o desenvolvemento dun sistema de xestión de subvencións integrado co sistema de xestión de procedementos administrativos (SXPA), polo sistema de concurso público, procedemento aberto.

Obxecto do contrato: contratación dunha asistencia técnica para desenvolvemento dun sistema de xestión de procedementos administrativos da Xunta de Galicia.

Prazo de execución: oito meses, contados desde o momento da sinatura do contrato.

Orzamento: 38.816.000 pesetas.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de pro

posicións, sita no edificio central de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela.

Fianza provisional: 776.320 pesetas.

Fianza definitiva: 1.552.640 pesetas.

Clasificación que se esixe: grupo III, subgrupo 3, categoría C.

Modelo de proposición: a proposición económica axustarase estrictamente ó modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela. O prazo de admisión rematará ás 14 horas do día en que se cumpran 52 días naturais, contados a partir do 14 de xuño, data na que se remite ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas para a súa publicación neste.

Apertura de proposicións: en acto público ós tres días naturais, contados a partir do día seguinte ó de finalización de presentación de proposicións, ás trece horas, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela. Se esta data coincidise en sábado, a apertura celebrarase ó día seguinte hábil.

O importe deste anuncio que se publica no Diario Oficial de las Comunidades Europeas (DOCE), Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG) correrá a cargo do adxudicatario, que deberá aboar con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública