De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.
Segundo.-Poderán concorrer a ela os funcionarios de carreira que reúnan as condicións sinaladas no anexo I.
Terceiro.-As solicitudes dirixiranse por escrito, segundo o modelo que se inclúe no anexo II, á Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio, no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, podendo presentarse en calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Cuarto.-Os aspirantes deberán unir á petición un currículum vitae xustificando documentalmente os méritos que aleguen. Os méritos alegados e non probados non se terán en conta.
Quinto.-Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Industria e Comercio. No caso de que resulte seleccionado para ocupa-lo posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde funcionario con destino na Administración xeral/especial, nos seus organismos autónomos, na Administración da Seguridade Social, na Administración local, ou que estea nesta Comunidade Autónoma como consecuencia dunha comisión de servicios concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava, punto 4º da Lei 30/1984, do 2 de agosto, tramitaralle o seu destino a esta Comunidade Autónoma e unha vez concedido pola súa administración de orixe, procederase a adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado.
Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderá declararse deserto o posto, se se considera oportuno.
Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días se o destino anterior radica na mesma localidade de novo destino, e de un mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo. O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación no DOG.
Oitavo.-Contra esta orde poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir ó da publicación desta orde no DOG.
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 1995.
Antonio Couceiro Méndez
Conselleiro de Idustria e Comercio
ANEXO I
Código do posto: ICC030000115770001.
Denominación do posto: subdirector xeral de Enerxía e Minas.
Dependencia: Dirección Xeral de Industria.
Localidade: Santiago de Compostela.
Tipo posto: N.
Grupo: A.
Nivel Dest.: 30.
Complem. Específ.: 2.153.773.
Corpo/escala: xeral/especial.
Tit. Académ.: enxeñería superior.