Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 19 de xuño de 1995 Páx. 4.632

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública dun estudio de detalle nas rúas Couto San Honorato, Couto Piñeiro e Colombia.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data 7 de abril de 1995, o estudio de detalle nas

rúas Couto San Honorato, Couto Piñeiro e Colombia (3083/411), presentado por José Fernández Aguiar e Celia Fernández Val e redactado por José Herrero García, Arquitecto, S.L., con visados do COAG do 30 de maio e 1 de setembro de 1994; sométese a información pública polo prazo de quince días hábiles con anuncios no Diario Oficial de Galicia, BOP, Faro de Vigo e taboleiro de anuncios da casa do concello, con notificacións individuais ós propietarios e demais interesados directamente afectados.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na oficina municipal de información para exame e alegacións.

Vigo, 18 de maio de 1995.

Carlos A. González Príncipe

Alcalde