Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 19 de xuño de 1995 Páx. 4.632

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (expediente FG número 227).

O Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 7 de abril de 1995, acordou aprobar inicialmente con condicións, o proxecto de urbanización redactado para o desenvolvemento de parte do solo urbano no predio sito en Breixo-Dorneda, presentado por Promociones Ribadavia, S.A.

Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente polo prazo de quince días, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Ó longo do dito prazo o expediente quedará a disposición de todo aquel que queira examinalo, podéndose face-las alegacións pertinentes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborables.

Oleiros, 2 de maio de 1995.

Ángel García Seoane

Alcalde-presidente