Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 19 de xuño de 1995 Páx. 4.615

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1995 pola que se nomea catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de filoloxía francesa, do departamento de Filoloxía Francesa, a Terencia Inés Silva Rojas.

Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 23 de maio de 1994 (BOE do 10-6), para a provisión dunha praza de catedrático de escola universitaria da área de coñecemento filoloxía francesa, do departamento de Filoloxía Francesa da Universidade de Vigo, a prol de Terencia Inés Silva Rojas, DNI nº 44.445.108, e cumprindo a interesada os requisitos do artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Terencia Inés Silva Rojas, catedrática de escola universitaria da área de coñecemento de filoloxía francesa, do departamento de Filoloxía Francesa da Universidade de Vigo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo de un mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunica

ción a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 5 de maio de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo