Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 16 de xuño de 1995 Páx. 4.591

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE DEFENSA

ANUNCIO do 20 de abril de 1995, da Xerencia de Infraestructura da Defensa, relativo á revisión dos terreos denominados: Polvoreira de Mougá (zona 3) no concello de Ferrol (Doniños), A Coruña.

Co fin de cumpri-lo disposto no artigo 80.3º da Lei de procedemento administrativo, que para os efectos de notificación con carácter gratuíto contempla a Orde do 22 de xaneiro de 1976 (BOE nº 45, do 21 de febreiro), procédese a publicación no Diario Oficial de Galicia do seguinte texto:

O Ministro de Defensa, con data do 21 de abril de 1993, desafectou do fin público a que estaban destinados os terreos da propiedade denominada: polvoreira de Mougá, no concello de Ferrol (Doniños).

A denominada zona-3 corresponde ó proxecto da ampliación da dita polvoreira e foi expropiada no ano 1959 ós propietarios relacionados no anexo adxunto.

Para iso, en cumprimento da instrucción 25/1993, do 18 de marzo, sobre a tramitación do procedemento administrativo no ámbito do Ministerio de Defensa, ponse no coñecemento dos primitivos donos ou habentescausa que desapareceu a afectación ó fin público a que estaban destinados os terreos ocupados pola propiedade militar polvoreira de Mougá polo que, no prazo de un mes, contado a partir da publicación deste edicto, poderán exerce-los dereitos de reversión que lles outorgan os artigos 54 e 55 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, en relación cos artigos 63 e seguinte do seu regulamento, aprobado por Decreto do 26 de abril de 1957

Para o exercicio destes dereitos, os interesados deberan formula-las oportunas alegacións perante a Xerencia de Infraestructura da Defensa, r/ Princesa 32, 28008 Madrid.

A Coruña, 20 de abril de 1995.

Ricardo Paz Canalejo

Tcol. delegado