Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 10 de xuño de 1994 (BOE do 2-7), para a provisión dunha praza de profesora titular de universidade da área de coñecemento de bioloxía vexetal, do departamento de Recursos Naturais e Medio Ambiente da Universidade de Vigo, a prol de Aida García Molares, DNI nº 36.041.240, e cumprindo a interesada os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Aida García Molares profesora titular de universidade da área de coñecemento de bioloxía vexetal, do departamento de Recursos Naturais e Medio Ambiente da Universidade de Vigo.
Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo de un mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencio
so-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Vigo, 5 de maio de 1995.
José Antonio Rodríguez Vázquez
Rector da Universidade de Vigo