Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 15 de xuño de 1995 Páx. 4.527

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de poxa.

Obxecto.-De conformidade coa resolución da Presidencia do 7 de xuño de 1995, anúncianse a poxa das obras que figuran no anexo que se achega comprendidas no Programa Rede Viaria Local adicional 1/1995, cos orzamentos que se relacionan, coas fianzas provisionais que se indican, así coma as correspondentes clasificacións dos contratistas.

Prazo.-Estas obras serán entregadas provisionalmente no prazo que figura no prego de condicións, aprobado pola Comisión de Goberno na sesión celebrada o 29 de xaneiro de 1988 e modificacións do 13 de setembro de 1991 e 29 de xullo de 1994.

Pagamentos.-Efectuaranse mensualmente contra certificación de obra realmente executada, con cargo ó crédito consignado no orzamento vixente.

Garantía definitiva.-O adxudicatario virá obrigado a constituír unha garantía definitiva sobre o 4% do orzamento da obra.

Proposicións.-Presentaranse axudas ó seguinte modelo:

Don/Dona..., con domicilio en..., rúa..., número..., teléfono..., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) número..., actuando en nome propio (ou en representación de... DNI número..., e con domicilio en..., rúa..., número...) desexa tomar parte na poxa convocada por..., e publicada en... con data do..., para executa-las obras comprendidas no proxecto de..., e para estes efectos fai constar:

1º.-Que ofrece o prezo de... pesetas, que significa unha baixa de... pesetas, en relación co tipo de licitación.

2º.-Que coñece e acepta as obrigas que se derivan dos pregos de condicións do presente contrato.

3º.-Que achega nos correspondentes sobres a documentación esixida no prego de condicións.

En..., ... de... de 199...

O/A licitador/a (asinado e rubricado)

Presentación de plicas.-Na Sección de Patrimonio e Contratación en horas de nove a trece, dentro do prazo dos dez días hábiles computados desde o seguinte á última inserción desde anuncio.

Apertura de plicas.-Ás doce horas do día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de plicas.

A Coruña, 7 de xuño de 1995.

Salvador Fernández Moreda

Presidente

José Luis Almau S.

Secretario