Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 15 de xuño de 1995 Páx. 4.526

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIMIANZO

ANUNCIO de poxa.

Obxecto.-A contratación da obra denominada redes de sumidoiro en Tufións (Cereixo 1ª fase), consonte o proxecto técnico redactado polo enxeñeiro Pablo Fernández Castro, e incluído no Programa de Acción Especial para a Zona Oeste (PAEO) na súa anualidade de 1995.

Tipo de licitación.-A licitación farase á baixa a partir dun tipo de doce millóns seiscentas oito mil seiscentas noventa e seis (12.608.696) pesetas.

Prazo de execución.-O prazo de execución da obra será de seis meses contados a partir da data da sinatura da acta do replanteo.

Proxecto e prego de condicións.-Poden examinarse nas oficinas municipais en horario de oficina durante o prazo de presentación de proposicións.

Pagamentos.-Contra certificación expedida polo técnico director da obra e debidamente aprobada polo órgano que corresponda e con cargo ás aportacións do plan e do concello.

Garantías.-A provisional será do 2% do tipo da poxa. A definitiva o 4% do importe de adxudicación.

Capacidade para contratar.-Poderán concorrer por si mesmos ou por medio de representantes as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que

tendo plena capacidade para obrar non se atopen comprendidas nalgunha das circunstancias que enumera a LCE e RCCL.

Proposicións: lugar e prazo de presentación.-As proposicións para tomar parte na licitación presentaranse nas oficinas municipais, dentro do prazo de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ó da derradeira publicación do anuncio no BOP ou DOG, en horas de nove a trece e en dous sobres pechados, que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador ou persoa que o represente e coa documentación e requisitos esixidos no prego de condicións.

Proposicións: documentación.-Sobre A: subtitulado: oferta económica, deberá te-la proposición económica feita estrictamente consonte o modelo que figura a continuación:

Modelo de proposición:

Don/a ..., con enderezo en... rúa... número... teléfono... con DNI ou documento que o substitúa número... actuando en nome propio (ou en representación de... DNI oti CIF número... e con enderezo en... rúa... número... teléfono... toma parte na poxa convocada polo Concello de Vimianzo e publicada no... do... para a execución das obras do proxecto de redes de sumidoiro en Tufións (Cereixo 1ª fase) e fai constar:

1.-Que ofrece o prezo de... pesetas, que significa unha baixa de... pesetas en relación co tipo de licitación.

2.-Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3.-Que xunta no correspondente sobre a documentación esixida no prego de condicións.

En..., o... de... de...

O/A licitador/a. (Asinado e rubricado)

Sobre B: subtitulado documentación, conterá a seguinte documentación:

a) Empresario individual: fotocopia do DNI ou documento que o substitúa.

b) Persoas xurídicas: escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil.

c) Poderes: cando o licitador non actúe en nome propio ou se trate de sociedade ou persoa xurídica, deberá xuntarse poder notarial para representa-la persoa ou entidade que concorra ante a Administración contratante.

d) Declaración da suficiencia de poderes: os poderes a que se refire o apartado c) da presente cláusula deberán ser declarados suficientes previamente pola secretaria da corporación ou no seu defecto polo letrado da corporación. En consecuencia os licitadores deberán cumprir previamente este requisito con anterioridade á presentación das ofertas.

e) As empresas estranxeiras presentarán os seus documentos constitutivos traducidos de forma oficial para o castelán ou para o galego, acompañados dun

despacho expedido pola Embaixada de España no país respectivo, onde se certifique que conforme a súa lexislación ten capacidade para contratar e obrigarse.

f) Declaración expresa de que a empresa interesada non se atopa incursa en ningunha das prohibicións para contratar ou incompatibilidades establecidas na vixente Lei de contratos do Estado ou Regulamento de contratación das corporacións locais.

g) Certificación ou recibo acreditativo do IAE correspondente á actividade concreta sobre a que se ofrece.

h) Certificación ou documento acreditativo de que o contratista está ó día no pagamento da Seguridade Social.

i) Documento de cualificación empresarial.

j) Xustificante de ter constituída a fianza provisional.

Apertura de plicas.-Terá lugar ás doce horas do día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo de presentación de plicas, no salón de sesións da Casa do Concello de Vimianzo.

Vimianzo, vinteseis de maio de mil novencentos noventa e cinco.

Alejandro Rodríguez Lema

Alcalde