De acordo coa base común 6.3 da Orde do 28 de marzo de 1995 (DOG do 7 de abril), pola que se convocaban procedementos selectivos para acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, este tribunal número 2 de lingua e literatura galega acorda o seguinte:
Primeiro.-Acto de presentación dos opositores.
Data: 27 de xuño de 1995.
Hora: 9.30.
Centro: Instituto Politécnico de F.P. A Carballeira de Ourense, r/ A Carballeira, s/n.
Segundo.-Realización do primeiro exercicio ou, se é o caso, primeira parte da proba.
Data: 27 de xuño de 1995.
Hora: 17.
Centro: Instituto Politécnico de F.P. A Carballeira de Ourense, r/ A Carballeira, s/n.
Recórdase que, de conformidade co apartado 6.4 da Orde do 7 de abril de 1995, a asistencia ó acto de presentación é obrigatoria, e decaerán nos seus dereitos os aspirantes que non comparezan.
Santiago de Compostela, 6 de xuño de 1995.
O presidente do tribunal
Rubricado