Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 15 de xuño de 1995 Páx. 4.507

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1995, do tribunal número 1 que xulgará o procedemento selectivo para acceso ó corpo de profesores de ensino secundario na especialidade de francés, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar en que se fará a presentación dos aspirantes e se anuncia tamén a data, a hora e o lugar en que se celebrará a proba de coñecementos de lingua galega e o primeiro exercicio.

De acordo coa base común 6.3 da Orde do 28 de marzo de 1995 (DOG do 7 de abril), pola que se convocaban procedementos selectivos para acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, este tribunal número 1 de francés acorda o seguinte:

Primeiro.-Acto de presentación dos opositores.

Data: 27 de xuño de 1995.

Hora: 9.30.

Centro: I.B. Eusebio da Guarda da Coruña, Praza de Pontevedra, nº 20.

Segundo.-Realización da proba de coñecementos de lingua galega.

Data: 27 de xuño de 1995.

Hora: 12.30.

Centro: I.B. Eusebio da Guarda da Coruña, Praza de Pontevedra, nº 20.

Terceiro.-Realización do primeiro exercicio ou, se é o caso, primeira parte da proba.

Data: 30 de xuño de 1995.

Hora: 9.30.

Centro: I.B. Eusebio da Guarda da Coruña, Praza de Pontevedra, nº 20.

Recórdase que, de conformidade co apartado 6.4 da Orde do 7 de abril de 1995, a asistencia ó acto de presentación é obrigatoria, e decaerán nos seus dereitos os aspirantes que non comparezan.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 1995.

O presidente do tribunal

Rubricado