Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 15 de xuño de 1995 Páx. 4.494

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación do convenio colectivo de ámbito provincial de Ourense do sector da construcción para o ano 1995.

Visto o texto do convenio colectivo do sector da construcción (código número 3200155), de Ourense para o ano 1995, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 12 de maio do ano en curso, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Ourense e da parte social polas centrais sindicais, con representatividade no sector, Federación Provincial da Madeira, Construcción e Afines de Ourense e Comisións Obreiras, en xuntanza celebrada o día 19 de abril de 1995, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado por Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións, e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación

provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición do convenio, colectivo no libro de rexistro desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Ourense, 19 de maio de 1995.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo será de aplicación e obrigado cumprimento nas seguintes actividades:

a) As dedicadas á construcción e obras públicas que abranguen:

-Albanelería.

-Formigón.

-Pintura para decoración e empapelado.

-Carpintería de armar.

-Embaldosado e soado.

-Empedrado e lastreado.

-Escultura, decoración e escaiola.

-Estucado e revocado.

-Pedra e mármore, incluíndose as fábricas e talleres de serra e labra, tanto mecánica como manual.

-Portlandista de obra.

-Pocería.

-Canteiras, graveiras, areeiras e a explotación e manufactura de terras industriais, ben explotadas a ceo aberto, galerías ou minas e vetas explotadas para uso propio polas empresas dedicadas principalmente á construcción e obras públicas en xeral, aínda que a producción non sexa absorbida totalmente por elas.

-Canteiras, graveiras e areeiras, a materias das cales se destine a construcción e obras públicas e non sexan explotadas directamente por empresas constructoras.

-Os traballos que se realicen nos portos, en terra firme, peiraos e diques.

-Fabricación de elementos auxiliares e materiais da construcción para a súa exclusiva ou preferente utilización e consumo, absorbéndose nas propias obras toda ou a maior parte da dita producción.

-Rexeneración de praias.

-Movemento de terras.

-Carpintería utilizada polas empresas de construcción, ben sexa nas obras ou nos scus talleres; sen embargo, non será de aplicación este convenio a aqueles talleres de carpintería que aínda traballando con elementos para a construcción non pertenzan a empresas deste ramo.

-Colocación de artigos de pedra artificial, pulimentada ou sen pulimentar, así como a súa fabricación a pé de obra para a utilización exclusiva dela.

-Abastecemento e saneamento de augas, colocación de tubos e elementos accesorios destes; apertura e peche de gabias e as súas reparacións, incluíndo as que se realizan para calquera clase de instalacións de subministracións, tales como gas, teléfonos, eléctricas, cando sexa empregado, principalmente, persoal de construcción e obras públicas.

-A confección de canizos e ceos rasos.

-As empresas inmobiliarias, incluídas as cooperativas de vivendas.

-As empresas dedicadas ó estudio, proposta e construcción de obras públicas e particulares (estradas, viaductos, túneles, autoestradas, pasos elevados) ou simplemente á realización das obras indicadas.

-A promoción ou execución de urbanizacións.

-A promoción da edificación de inmobles de calquera xénero.

-Empresas dedicadas a cimentacións e as que realicen sondeos para a construcción principalmente.

-Empresas que teñan como actividade principal o alugueiro de maquinaria e equipo para a construcción, co persoal para o seu manexo.

-Empresas de rehabilitación, mantemento e demolición de obras.

-Talleres de fabricación de ferralla que teñan como destino principal a construcción.

-b) Embarcacións, artefactos flotantes e ferrocarrís auxiliares de obras de portos.

En desenvolvemento do disposto no apartado b) do artigo 13 do convenio xeral do sector da construcción do 10 de abril de 1992, son de aplicación os seus preceptos ó persoal de embarcacións, artefactos flotantes e explotacións de ferrocarrís auxiliares das obras de portos e, en xeral, a todos aqueles traballadores empregados na construcción ou reparación deles, así como as ampliacións, modificacións e excepcións que se establezan para este grupo sempre e cando o traballo deste se efectúe de maneira exclusiva para a construcción e reparación dos portos.

c) Canteiras, areeiras, graveiras e a explotación de terras industriais.

En desenvolvemento do disposto no apartado c) do artigo 13 do convenio xeral do sector da construcción do 10 de abril de 1992, son aplicables os seus preceptos ás relacións de traballo nas empresas dedicadas á explotación de canteiras, graveiras e areeiras, para a obtención de pedra para a construcción e terras silíceas refractarias e demais industriais, ben explotadas a ceo aberto, galerías ou minas que non se exploten como industria auxiliar doutra principal que estea regulamentada.

Exceptúanse os traballos das empresas explotadoras de terras industriais que veñan regulándose pola Regulamentación nacional de traballo nas minas de fosfatos, xofre, potasa, talco e demais explotacións mineiras non coñecidas noutra regulamentación.

d) As de cemento.

En desenvolvemento do disposto no apartado d) do artigo 13 do convenio xeral do sector da construcción do 10 de abril de 1992, regularanse polas súas normas as relacións de traballo nas industrias de fabricación de cemento Portland, cemento natural, cementos especiais e cales hidráulicos.

Abrangue tamén as canteiras explotadas directamente polas empresas, as centrais eléctricas que posúan e produzan enerxía para o seu consumo propio e os seus almacéns de venda.

e) As de xeso e cales.

En desenvolvemento do disposto no apartado e) do artigo 13 do convenio xeral do sector da construcción do 10 de abril de 1992, regularanse polas súas normas as relacións de traballo nas industrias de fabricación de xeso de cal e escaiola.

f) As de cerámica artística e industrias do azulexo que, á entrada en vigor do presente convenio xeral do sector da construcción do 10 de abril de 1992, non estean afectadas por outro convenio estatal.

En desenvolvemento do disposto no apartado f) do artigo 13 do convenio xeral do sector da construcción do 10 de abril de 1992, regularanse polas súas normas as industrias de fabricación de azulexos

correntes e artísticos e cerámica artística que non estean afectadas por outro convenio estatal.

g) O comercio da construcción maioritario e exclusivista.

En desenvolvemento do disposto no apartado g) do artigo 13 do convenio xeral do sector da construcción do 10 de abril de 1992, rexeranse por el o comercio de calquera dos artigos elaborados por empresas incluídas dentro do ámbito do dito convenio ou destinadas ó uso principal delas, de acordo coas súas propias funcións e actividades, sempre que sexan maioristas e exclusivistas.

Quedan incluídas as actividades de cemento e derivados e ferralla.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Afecta a tódolos traballadores que presten os seus servicios laborais nas empresas descritas no artigo anterior e os que sexan contratados durante a vixencia deste convenio, tanto nas empresas establecidas coma naquelas que poidan establecerse. Igualmente, afectará a todos aqueles traballadores que, prestando servicios laborais nunha empresa ourensá, se despracen fóra da provincia.

Artigo 3º.-Vixencia.

O presente convenio substitúe e anula os anteriores acordos vixentes, entrando en vigor o día da súa publicación no BOP de Ourense.

Terá efectos económicos retroactivos do 1 de xaneiro de 1995, quedando condicionada a cotización dos atrasos á Seguridade Social ó momento do cobro efectivo polos traballadores. As diferencias económicas deberán ser aboadas dentro dos trinta días seguintes á publicación deste convenio.

Artigo 4º.-Duración.

O presente convenio terá unha duración anual, estendéndose desde o 1 de xaneiro de 1995 ata o 31 de decembro de 1995. Denunciado o convenio, e en canto non se logre acordo expreso, perderán vixencia soamente as súas cláusulas obrigacionais, manténdose en vigor o seu contido normativo.

Artigo 5º.-Compensación, absorción e garantía «ad personam».

Os traballadores que con anterioridade á sinatura deste convenio viñeran desfrutando de mellores condicións cás aquí pactadas, conservaranas na súa totalidade e, en consecuencia, serán absorbidas por el se as condicións deste convenio, consideradas globalmente e en cómputo anual, superan as citadas melloras.

Artigo 6º.-Lexislación complementaria.

No non previsto neste convenio, observarase o que dispoña o convenio xeral do sector da construcción asinado o 10 de abril de 1992, sendo os asinantes, en ámbolos casos, FEMCA-UGT, FECOMA-CC.OO., SGCM-CIG e CNC. As partes asinantes confirman e ratifican, facéndoos seus, os textos relacionados,

que os dan por reproducidos nos seus propios e directos termos.

Artigo 7º.-Comisión paritaria.

Constitúese no día de hoxe o comité paritario, composto por dous representantes sindicais e dous representantes da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Ourense, e que ten como cometido a interpretación e seguimento do presente convenio.

Os acordos deste comité terán a mesma eficacia cá cláusula que fose interpretada. Como membros integrantes deste comité, é por parte das centrais sindicais, designanse como titulares:

Por UXT: Juan Miguel Muñoz Álvarez.

Por CC.OO: José Gómez Gómez.

E pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Ourense:

José Antonio Pérez Fernández.

Alberto Domínguez Royo.

Artigo 8º.-Xornada laboral.

Durante a vixencia do presente convenio establécese unha xornada laboral anual de 1.776 horas para 1995.

Establécese unha xornada laboral de corenta horas semanais de traballo efectivo, distribuídas en oito horas diarias de luns a venres, ámbolos dous incluídos.

Para axusta-lo calendario laboral anual no presente exercicio de 1995, fíxanse como días non laborais o 24 de xullo, o 14 de agosto e o 13 de outubro.

Logo de acordo entre empresa e traballador, as ditas datas poden ser permutadas por outras.

Artigo 9º.-Soldo base e remuneración total.

Segundo anexo I.

Artigo 10º.-Plus de asistencia.

Establécese un plus de asistencia para os traballadores das categorías II e XIV con rendemento normal e que non teñan ningunha falta de asistencia ó traballo non xustificada (importe segundo anexo I).

Artigo 11º.-Perda do plus de asistencia.

A primeira xornada non traballada completa suporá a perda de catro días do plus; a segunda, a perda de dez días do plus, e a terceira, a perda total.

As faltas inxustificadas computaranse dentro de cada mes natural, e para determina-lo plus de asistencia diaria divídese entre vintecinco a cantidade que consta na táboa de remuneracións.

A perda deste plus é independente das sancións que poidan ser impostas segundo a normativa vixente.

Artigo 12º.-Plus de transporte.

Establécese un plus de transporte que se lles aboará a tódolos traballadores, calquera que sexa a distancia que separa o centro de traballo do seu domicilio. Será satisfeito única e exclusivamente en xornada completa realmente traballada. Este plus non cotizará Seguridade Social nin accidente de traballo.

Artigo 13º.-Incrementos económicos.

Para o ano 1995 e tal como se recolle no anexo I, aplícase un incremento económico do tres con cinco por cento sobre os conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións e pluses salariais e extrasalariais.

Artigo 14º.-Cláusulas de garantía salarial.

Para o ano 1995, no suposto de que o incremento anual do IPC o 31-12-1995 supere o 3,8%, efectuará unha revisión salarial sobre o exceso do dito tanto por cento, con efectos 1-1-1995. A dita revisión, se é o caso, servirá de base para a negociación colectiva seguinte.

Artigo 15º.-Axudas de custo.

Establécese unha axuda de custo para tódolos traballadores de 2.685 ptas. diarias e unha media axuda de custo de 1.143 ptas. diarias. Non obstante, pódense substituí-los ditos importes pola fórmula, que de común acordo debe establecerse, de gastos para xustificar.

Artigo 16º.-Antigüidade.

A antigüidade queda conxelada na base do ano 1984, no sentido de que quedan conxelados os prezos dos bienios e quinquenios calculados sobre aquelas bases.

É dicir, o prezo de tódolos bienios devengados e que se devenguen no futuro para as categorías-niveis II ó XII é o de 1.752 ptas. (cinco por cento de 35.045 ptas.).

O prezo de tódolos quinquenios devengados e que se devenguen no futuro é o de 2.453 ptas. (sete por cento de 35.045 ptas). Non obstante, respectaranse aquelas cantidades que, a título persoal, veñan percibindo os traballadores por este concepto, sen que caiba compensalas no cómputo xeral do convenio. E dicir, o prezo dos bienios ou quinquenios que sexan superiores ós que se sinalan neste convenio e sexan pagados na actualidade polas empresas, manteranse, quedando con esta data conxelados na dita contía.

Artigo 17º.-Prima de casado.

A todo traballador fixo que leve como mínimo seis meses de servicio na empresa e que contraia matrimonio, outorgaráselle unha gratificación por casamento de cinco mil pesetas.

Artigo 18º.-Roupa de traballo.

O persoal afecto por este convenio seralle entregado pola empresa como roupa de traballo unha funda e un par de botas normais e adecuadas ó centro de traballo e cada seis meses, sendo obrigatorio o seu uso cando o traballo así o requira. As ditas pezas son propiedade en todo momento da empresa e o traballador estará obrigado ó seu bo uso e conservación. As empresas poderán facer constar nelas os seus nomes, anagramas e actividades. O incumprimento da dita entrega suporá o aboamento de cincocentas pesetas mensuais ó traballador.

Artigo 19º.-Indemnización-compensación no caso de accidente laboral e hospitalización.

Tódolos traballadores afectados por este convenio, no caso de accidente laboral, hospitalización e enfermidade profesional, percibirán durante o período de ILT ou hospitalización, se é o caso, e a cargo da empresa, a diferencia entre a cantidade fixada pola Seguridade Social e o importe do salario líquido que viña percibindo nunha mensualidade normal, ou de hospitalización, ou de enfermidade profesional, de xeito que reciba o cento por cento do salario mensual normal.

Artigo 20º.-Indemnizacións.

Establécense as seguintes indemnizacións para tódolos traballadores afectados por este convenio:

a) En caso de morte derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, o importe dunha mensualidade de tódolos conceptos das táboas do convenio aplicable vixentes, en cada momento.

b) En caso de morte, incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez, derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional: 4.000.000 de ptas.

Nos supostos de morte, as indemnizacións establecidas aboaránselle á viúva ou beneficiarios do traballador, segundo as normas da Seguridade Social.

A referida póliza só abranguerá os procesos iniciados a partir da vixencia e validez dela.

Esta indemnización é compatible coa pensión ou indemnización que poida causa-lo traballador na Seguridade Social ou mutualidade.

Non obstante o anterior, a indenmización pagada con cargo ás pólizas de seguros de accidente terá a consideración de entregas a conta das indemnizacións que no seu día fixen os xulgados e tribunais de xustiza por sentencia definitiva e firme, e que sexan a cargo da empresa.

Artigo 21º.-Permisos e licencias.

Concederanse as seguintes licencias retribuídas ós traballadores que o soliciten e xustifiquen nos seguintes casos:

-Os sinalados no artigo 77 do convenio xeral do sector da construcción do 10 de abril de 1992.

-Dous días naturais por casamento de fillos.

-O tempo necesario, xustificado, por asistencia médica.

Artigo 22º.-Cesamento dos traballadores.

O persoal que cese incumprindo o requisito de comunicalo á empresa con oito días de antelación, perderá as remuneracións dos días que non preavise.

A dita comunicación deberá facela verbalmente ou por escrito, con obriga por parte da empresa de expedi-lo xustificante correspondente.

Artigo 23º.-Repercusión en prezos.

A comisión deliberadora do convenio, por unanimidade, estima e declara que as melloras esta

blecidas nel producen un incremento salarial que eleva os gastos de man de obra e que por iso deben ser repercutibles nos prezos, tanto nas obras contratadas con calquera das administracións como con particulares.

Artigo 24º.-Seguridade e hixiene.

O traballador terá dereito a acudir a cursos de seguridade e hixiene que se organicen a través da Comisión Provincial de Seguridade e Hixiene e que teñan relación directa coa actividade do empregador. Empresa e traballadores poranse de acordo na forma de materializar esta participación, conxugando o dereito destes últimos e os intereses da primeira. En caso de que non se chegue ó dito acordo, serán vinculantes as instrucción e criterios da dita Comisión Provincial de Seguridade e Hixiene.

Por outra banda, as partes asinantes acordan mante-la súa presencia na Comisión Provincial de Seguridade e Hixiene no Traballo, así como buscar tódolos mecanismos posibles para a potenciación desta, como instrumento válido para unha mellora xeral das condicións de seguridade e hixiene para o traballador.

Serán funcións desta comisión:

-Reclamar do Ministerio de Traballo e da Xunta de Galicia o recoñecemento oficial como interlocutor social sectorial en materia de seguridade e hixiene, tanto no seu aspecto lexislativo como no desenvolvemento de plans e medidas formativas.

-Estudiar e acorda-los mecanismos oportunos de coordinación da información provincial en materia de sinistralidade no sector, que subministrarán as comisións específicas provinciais ou, no seu defecto, as comisións paritarias dos convenios.

-Promover cantas medidas consideren tendentes a mellora-la situación do sector nesta materia, tendo como obxectivo estende-la preocupación pola seguridade e hixiene a tódolos niveis, fomentando campañas de sensibilización, etc.

-Acomete-las xestións necesarias para obte-los medios que lle permitan desenvolve-las súas funcións con eficacia adecuada.

-Cantas outras funcións acorde a propia comisión atribuírse encamiñadas ós seus fins.

Artigo 25º.-Desgaste de ferramentas.

Establécese unha indenmización por desgaste de ferramentas para aqueles traballadores os que non lles sexan facilitadas pola empresa, indenmización que se fixa en 30 ptas. por cada día de traballo efectivo para os niveis VII, VIII e IX e en 20 ptas. para os niveis X e XI.

A empresa determinará os casos particulares de aportación de ferramentas polo traballador, e,

Artigo 26.-Entrega das copias básicas dos contratos.

A obrigatoriedade da entrega da copia básica dos contratos realizarase conforme a Lei 2/1991, do 7 de febreiro.