Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 13 de xuño de 1995 Páx. 4.420

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO.

A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na súa reunión do día 21 de abril de

1995 acordou nomear a Pablo A. Varela Villar, por un período de catro anos, xuíz de paz substituto do Concello de Malpica (A Coruña) desta Comunidade Autónoma; nomeamento que se fai entre os participantes no concurso, que para cubri-la dita praza convocou esta sala de goberno ultimamente; tendo en conta que o Concello de Malpica, no seu día, non elixíu persoa ningunha para o desempeño do dito cargo.

Contra este acordo poderán os interesados presentar recurso de alzada dentro dos 15 días seguintes ó da publicación deste edicto perante o Consello Xeral do Poder Xudicial.

O xuíz de paz, nomeado, deberá prestar xuramento ou promesa na forma que establece o artigo 101.5º da Lei orgánica do poder xudicial perante o xuíz de primeira instancia e instrucción respectivo no prazo de 10 días a partir do seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia e, posteriormente, no prazo de 3 días tomará posesión no Xulgado de Paz para o que sexa nomeado, perante quen se atope exercendo a xurisdicción.

Aqueles xuíces de paz nomeados que estean incursos nalgunha incompatibilidade, deberán optar dentro do prazo de oito días pola praza que lles interese.

A Coruña o vinteún de abril de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario da Sala de Goberno do Tribunal Supe rior

de Xustiza de Galicia

Rubricado