Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 13 de xuño de 1995 Páx. 4.419

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de concurso.

Obxecto: prestación do servicio de atención ó público na oficina de información municipal.

Tipo de licitación: 7.462.500 ptas., IVE incluído.

Prazo de execución: 6 meses.

Forma de licitación: realizarase mediante o sistema de concurso.

Lugar e prazo de presentación das proposicións: presentaranse no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela (A Coruña) de 9 a 14 horas dentro do prazo de vinte días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no BOE. Igualmente poderán presentarse por correo con anuncio de remisión o mesmo día ó concello mediante telegrama (artigo 100 do RXCE). As proposicións conterán a documentación e requisitos exisidos no prego.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na Casa do Concello ás doce horas do quinto día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación das proposicións.

Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Modelo de proposición:

D/Dª... con domicilio en... provincia de... con DNI nº... en nome (propio ou da empresa que represente) con CIF... informado do anuncio publicado o día..., e das condicións e requisitos que se esixen para a licitación e adxudicación de... pola cantidade en ptas., pola que se compromete a propoñente a execución dos traballos.

Para tódolos efectos, a presente oferta comprende non só o prezo do contrato como tal, senón tamén o importe do imposto sobre o valor engadido.

..., ... de... de 199...

(Sinatura e selo do propoñente)

Prego e documentación: poderán ser consultados na sección Servicios-Contratación do Concello de Santiago de Compostela.

Reclamacións: simultaneamente a este anuncio de licitación exponse ó público o prego de condicións para efectos de reclamación polo prazo de 8 días

hábiles contando a partir da publicación deste anuncio no BOP, en conformidade co disposto no artigo 122 do T.R.R.L.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 1995.

Rubricado