Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 13 de xuño de 1995 Páx. 4.419

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

EDICTO do 24 de abril de 1995 polo que se notifica a aprobación inicial do plan de iniciativa particular, Plan Parcial Sup número 7 de Saa, sector 1, representado por instancia de Inmobiliaria Visaxe e outros.

Publicado no DOG nº 44 do 3 de marzo de 1995 o edicto correspondente a citada aprobación e non coñecéndose o propietario da parcela nº 45 do citado sector, polo presente edicto e de conformidade co disposto no artigo 139.2º do Regulamento de planeamento urbanístico, artigo 106.116º e ss. do R.D.L. 1/1992, polo que se aproba o texto refundido sobre o réxime do solo e ordenación urbana, así como de conformidade co disposto no artigo 58.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise a citada notificación con carácter xeral; podendo o citado propietario, no prazo de un mes, contado a partir da presente notificación examina-lo expediente, e formular as alegacións que coide oportunas.

A Guarda, 24 de abril de 1995.

Purificación Álvarez Álvarez

Alcaldesa