Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 13 de xuño de 1995 Páx. 4.411

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 1995, do tribunal único para adquisición de nova especialidade de filoloxía inglesa e francesa de Ourense, que xulgará o procedemento selectivo para acceso ó corpo de mestres, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar en que se fará a presentación dos aspirantes e se anuncia tamén a data, a hora e o lugar en que se celebrará a proba de coñecementos de lingua galega e a proba práctica.

De acordo co punto 36 da Orde do 28 de marzo de 1995 (DOG do 7 de abril), pola que se convocaban procedementos selectivos para acceso ó corpo de mestres, este tribunal único de filoloxía inglesa e francesa de Ourense acorda o seguinte:

Primeiro.-Acto de presentación dos opositores.

Data: 27 de xuño de 1995.

Hora: 9.30.

Centro: campus universitario, Facultade de Humanidades.

Segundo.-Realización da proba práctica.

Data: 30 de xuño de 1995.

Hora: 8.30.

Centro: campus universitario, Facultade de Humanidades.

Recórdase que, de conformidade co apartado 37 da Orde do 28 de marzo de 1995, a asistencia ó acto de presentación é obrigatoria, e decaerán nos seus dereitos os aspirantes que non comparezan.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 1995.

Mª Jesús Pascual Carballo

Presidente do tribunal